Exposición 'A Nosa Arte' en Pontevedra

xov29febConsultarsáb25maiExposición 'A Nosa Arte' en PontevedraColección do Parlamento de Galicia(Consultar) Café Moderno Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

A exposición itinerante integrada por unha escolma das máis de 300 pezas que conforman a colección de arte do Parlamento de Galicia poderá visitarse no Café Moderno Afundación de Pontevedra entre o 29 de febreiro e o 25 de maio de 2024.

A exposición, titulada ‘A Nosa Arte’, recala en Pontevedra  logo de estar aberta  ao público en Vigo, Ferrol, Ourense  e Lugo nos últimos meses.  

O Parlamento de Galicia conta coa colaboración da Xunta de Galicia e de Afundación para executar este proxecto expositivo, no que tamén participa a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

A mostra está comisariada por tres académicos da institución: a catedrática emérita de Historia da Arte e arquiveira-bibliotecaria da Academia, María Victoria Carballo-Calero; e os académicos da sección de Arqueoloxía e Museoloxía Felipe-Senén López Gómez e José Carlos Valle Pérez. Os tres foron os encargados de realizar a escolma das obras que se amosarán na exposición; a maior parte delas percorrerán todas as cidades, mentres que arredor dunha cuarta parte irán mudando en función da urbe na que se exhiban.

E exposición itinerante ‘A Nosa Arte’ enmárcase na programación cultural do Parlamento de Galicia e xurde cun dobre obxectivo: dar a coñecer a colección de arte da Cámara galega e achegar o poder lexislativo galego á cidadanía.


Hora

Febreiro 29 (Xoves) - Maio 25 (Sábado)

Localización

Café Moderno Afundación

Praza de San Xosé, 3 36001 Pontevedra

Está pasando!