Exposición 'Mitoxénese' en Poio

xov25xuñConsultarmar30xuñExposición 'Mitoxénese' en PoioIlustracións de Sara Ramos(Consultar) Casal de Ferreirós - Poio

Detalles do Evento

O Casal de Ferreirós, acolle a exposición ‘Mitoxénese’, unha mostra de ilustración da artista poiense Sara Ramos, que poderá visitarse durante todo o mes de xuño, coincidindo coa celebración das festas de San Xoán.

Sara Ramos, artista residente en Poio, ten 22 anos e é graduada en Belas Artes. O seu traballo céntrase principalmente nas artes gráficas, especialmente na ilustración e no concept art, cunha marcada vocación multidisciplinar. Nas súas creacións combina obra gráfica con enxeñaría de papel, collage, escultura e medios dixitais, dando forma a un universo creativo propio e en constante evolución.

A través de ‘Mitoxénese’, Ramos presenta unha colección de pezas nas que a fantasía, o realismo máxico e a narración visual conviven arredor de temáticas como a mitoloxía e a literatura. Trátase dun percorrido polo seu traballo desde 2023 ata hoxe.

Ademais do interese polas referencias mitolóxicas e literarias, a artista aposta tamén pola creación dun imaxinario propio, desenvolvendo personaxes, mundos e relatos que enriquecen cada unha das súas pezas e converten a ilustración nun espazo de encontro entre arte e narración.

O horario de visita da exposición no Casal de Ferreirós é de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas. Os sábados a sala de exposicións está aberta entre as 10.30 e as 13.00 horas.

Hora

xuño 25 (Xoves) - 30 (Martes)

Localización

Casal de Ferreirós

Av. Andurique, 43, 36163 Poio

Está pasando!