Festa da Coca 2026 en Redondela

sáb30maiConsultardom07xuñFesta da Coca 2026 en RedondelaDo 30 de maio ao 7 de xuño de 2026(Consultar) Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

Concello de Redondela presentou a nova edición da Festa da Coca, cita declarada de Interese Turístico de Galicia. O Goberno local aposta este ano por reforzar a cita e recuperar o inicio das festas xa na fin de semana anterior, algo que non se facía desde 1989.

Os ritos ancestrais das danzas volverán conmover ao público nas rúas e prazas xunto á Coca, a verdadeira esencia destas festas, nunhas rúas engaladas polas espectaculares alfombras florais no centro urbano e Vilavella.

A encargada de dar o pregón será Carla Abad, cunha destacada traxectoria vencellada ao deporte local desde as categorías de base, e agora tamén na Federación Galega de Balonmán.

Así, a programación comeza o sábado 30 de maio e prolóngase ata o domingo 7 de xuño con actuacións de gran nivel e pensadas para todos os públicos:

SÁBADO 30 DE MAIO

  • 11.00 h. Choquiño Urban Jam nas inmediacións do Skate Park da Marisma. Obradoiros de Parkour, Skate, Breaking e Stencil. Exhibición profesional de BMX FlatLand (de balde),
  • 19:30 h. Choquiño Urban Fest no Campo da Feira (Entrada de balde). Coas actuacións de: 9Louro, Ortiga, Kike Varela, DJ Valdi, DJ Ramsés López, French Riviera e Rodri Vegas.

DOMINGO 31 DE MAIO

  • 18:30 h. Público Infantil/Familiar: Cantaxogos “El Payaso Tallarín, Un Mundo Mágico” no Campo da Feira.

MÉRCORES 3 DE XUÑO

  • 18:00 h. Desfile de Xigantes e Cabezudos co grupo de gaitas Airiños de San Simón.
  • 19:30 h. Concerto da Orquestra de Saxos de Redondela na Praza do Concello.
  • 20:00 h. Lectura do pregón por Carla Abad Alonso, Relevo das Penlas, Homenaxe ás/aos Alfombristas, Danza das Espadas e acendido da iluminación.
  • 22:00 h. Concerto da Orquestra Panorama no Campo da Feira.
  • Durante a noite: Elaboración das Alfombras Florais polas rúas de Redondela.

XOVES 4 DE XUÑO

  • 11:00 h. Traslado da Virxe “A Gabacha” desde Vilavella á Igrexa de Santiago, coa Danza das Espadas, as Penlas e a Banda de Música de Redondela.
  • 12:00 h. Desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños, Xigantes e Cabezudos con Son do Castro.
  • 12:00 h. Misa Maior na Igrexa de Santiago de Redondela.
  • 13:00 h. Procesión polas rúas decoradas, Banda de Música Municipal e Baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución.
  • 18:00 h. Concerto da Banda de Música de Redondela na Alameda de Castelao.
  • 19:30 h. Público Infantil/Familiar: Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona na Alameda.
  • 21:30 h. Concerto da Orquestra Gran Parada no Campo da Feira.

VENRES 5 DE XUÑO

  • 10:30 h. Alborada coa Banda de Música Municipal de Redondela.
  • 11:30 h. Retorno da Virxe “A Gabacha”.
  • 18:00 h. Deporte: Balonmán na Rúa na pista da Xunqueira e Alameda.
  • 20:00 h. Redondela Rock no Campo da Feira coas actuacións de El Drogas, Los Ásperos, Chocolate Sexy, Nocheni, Vértize e Dassault.

SÁBADO 6 DE XUÑO

  • 11:00 h. Alborada coa Banda de Música de Arcade.
  • 18:00 h. Concerto da Banda de Música de Arcade na Alameda de Castelao.
  • 22:00 h. Concerto da Orquestra Los Players no Campo da Feira.
  • 01:00 h. Concerto de Marc Seguí no Campo da Feira.
  • 02:30 h. Sesión DJ con Rodri Vegas no Campo da Feira.
  • Durante a noite: Elaboración das Alfombras Florais nas rúas de Vilavella.

DOMINGO 7 DE XUÑO

  • 10:00 h. Alborada coa Banda de Música de Chapela.
  • 12:00 h. Desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños co grupo O Carballo das Cen Pólas.
  • 12:00 h. Misa na Igrexa de Vilavella.
  • 13:00 h. Procesión en Vilavella, Danza das Espadas e das Penlas e Baile de homenaxe na Praza de Ribadavia.
  • 18:00 h. Concerto da Banda de Música de Chapela na Alameda de Castelao.
  • 19:00 h. Actividade familiar: Patina na Rúa na pista da Xunqueira.
  • 21:30 h. Fin de festa coa Orquestra París de Noia no Campo da Feira.

Hora

Maio 30 (Sábado) - Xuño 7 (Domingo)

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!