‘La Regenta’ | © Pedro Gato

'La Regenta' de Leopoldo Alas 'Clarín' en Vigo

xov10abr20:30'La Regenta' de Leopoldo Alas 'Clarín' en VigoTempada de Abonos de Teatro Afundación20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Dentro da Tempada de Abonos de Teatro Afundación, o xoves 10 de abril, ás 20:30 horas, o Teatro Afundación de Vigo acolle a obra ‘La Regenta’ de Leopoldo Alas ‘Clarín’.

115 min | castelán | TP

DIRECCIÓN: Helena Pimenta
VERSIÓN: Eduardo Galán
ELENCO: Ana Ruiz, Joaquín Notario, Alex Gadea, Jacobo Dicenta, Pepa Pedroche, Francesc Galcerán, Alejandro Arestegui, Lucía Serrano
PRODUCIÓN: Secuencia3, Teatro Fernán Gómez e Centro Cultural de la Villa



«Magnífica adaptación de Eduardo Galán, baixo unha brillante dirección de Helena Pimenta»

‘La Regenta’, publicada en 1884, é unha das grandes novelas da literatura española do século XIX e unha das máis importantes da historia. Trátase dunha obra naturalista que retrata con dureza o ambiente dunha cidade de provincias dominada por unha clase alta ociosa e un clero que impón unha moral hipócrita e asfixiante.

A protagonista é unha moza guapa que casa co antigo rexente da Audiencia de Vetusta, a cidade en que se empraza a historia. El é moito maior ca ela, egoísta e vive nun mundo afastado da realidade. Ana séntese esmagada e frustrada no seu matrimonio, e é atrapada por don Álvaro, o sedutor da cidade, e polo seu propio confesor, don Fermín de Pas, quen devece por convertela na súa esposa.



RENOVACIÓN DE ABONOS

Se te abonaches á última tempada, agora podes renovar o teu abono e reservar as mesmas butacas, de xeito online ou fisicamente:

  • Online, a través da ligazón que recibirás no teu correo-e, do 9 ao 15 de decembro.
  • Ou na billeteira do Teatro Afundación Vigo (Rúa Marqués de Valladares, s/n) ou na Sede Afundación Pontevedra (Augusto González Besada, 2), o día 16 de decembro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 h.

VENDA XERAL DE ABONOS

Online en www.ataquilla.com do 17 de decembro ao 6 de xaneiro 2025 para Vigo ou ao 17 de xaneiro 2025 para Pontevedra.

VENDA DE ENTRADAS SEN ABONO

Online en www.ataquilla.com ou fisicamente na Sede Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 26), a partir do 7 de xaneiro 2025 para Vigo, e tamén online ou na Sede Afundación Pontevedra a partir do 20 de xaneiro 2025 para Pontevedra.



CULTURA POR ALIMENTOS

Esta tempada enmárcase en Cultura por alimentos, un programa en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Desde Afundación, Obra Social ABANCA, convídannos a todas as persoas que asistades ás funcións a colaborardes con esta campaña solidaria, dando produtos non perecedoiros que se poderán depositar á entrada do teatro.

Máis información AQUÍ.

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!