La Road Pontevedra Clásica Evaristo Portela | © Global DXT

La Road Pontevedra Clásica Evaristo Portela 2024

dom06out09:00La Road Pontevedra Clásica Evaristo Portela 2024proba cicloturista de 112 km con 1850 metros de desnivel positivo09:00 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

A proba cicloturista La Road Pontevedra Clásica Evaristo Portela celebrarase o vindeiro domingo 6 de outubro, e terá na Boa Vila o seu epicentro loxístico e organizativo.

La Road Pontevedra Clásica Evaristo Portela é unha das probas cicloturistas referencia no norte de España e Portugal. Esta proba que nace en 2017, contou con multitude de personalidades do ciclismo como; Miguel Indurain, o máis grande de todos os tempos, Javier Gómez Noya, Óscar Pereiro, Moisés Dueñas ou Ezequiel Mosquera. Todos eles, xunto co resto dos participantes, converteron a La Road Pontevedra nunha cicloturista de referencia.

Na proba os participantes gozarán de estradas secundarias con encanto, sendo este ano moi especial ao verse renovado o percorrido no que se pretende facer desta proba se cabe aínda máis clásica, onde todo tipo de ciclistas poderán gozar dun evento que coida ata o máis mínimo detalle.


La Road Pontevedra Clásica Evaristo Portela | © Global DXT

Os participantes irán comandados por toda a loxística de organización (motos, coches, ambulancias) dando a máxima seguridade ao longo do percorrido. Os primeiros 40 km, a marcha será neutralizada, levando a todo o pelotón dentro da cápsula de seguridade realizada pola Garda Civil de tráfico. A partir do km 40, cada participante poderá levar a súa propia velocidade ata o final da proba. Aqueles participantes que sexan pasados polo vehículo de organización de peche de capsula, debe saber que ten que cumprir as normas de Tráfico, aínda que a organización segue mantendo o operativo de seguridade en cruces para facilitar o disfutre da proba.

Unha cicloturista con encanto no que todo ciclista pode ver satisfeitas as súas necesidades ao contar con dous tramos cronometrados para que cada un poida espremerse ao máximo. Farase unha clasificación soamente coa suma dos tempos dos tramos cronometrados.

A proba dispón dunha única distancia que será de 112 km con 1850 metros de desnivel positivo.



O obxectivo é que todos os afeccionados á bicicleta de estrada poidan gozar dun roteiro incrible e superen o reto de finalizala. Ademais, esta proba quere render homenaxe a Evaristo Portela, que tanto deu ao ciclismo, tanto como deportista, como na súa función de director técnico.

Unha montaxe de gran proba, unha saída espectacular, un percorrido único, grandes avituallamientos, gran seguridade durante toda a proba, zona de exposicións, zona de participantes, difusión en medios audiovisuais, revistas especializadas do sector… é todo o que pode ofrecer esta espectacular proba.

A caravana ciclista partirá ás 09.00 horas desde a Praza da Ferraría de Pontevedra. As inscricións permanecerán abertas até o domingo 29 para facilitar a participación de todas as persoas posíbel, e que percorrerán os concellos de Pontevedra, Marín, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro.

Hora

(Domingo) 09:00

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!