This is a repeating event

'Maio, mes da lingua' en Pontevedra

sáb10maiConsultar'Maio, mes da lingua' en PontevedraConcello de Pontevedra(Consultar: sábado) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Maio é o mes da lingua. A aposta do Concello de Pontevedra polo galego é unha constante os 365 días do ano que ademais cristaliza nestas semanas nun programa intensísimo para promover o uso do galego. En maio, até 25 actividades distintas poderán ser gozadas pola veciñanza.

Todas as actividades son de balde. A programación de ‘Maio, mes da lingua’, que tamén se pode consultar en ponte.gal/letras25, é a seguinte:

Venres 9 de maio

  • 17.30 h e 18.30 h: Contiños e xogos de Lup, con Soledad Felloza. Programa Apego. Cova dos Libros Fantásticos. Reserva de praza en apuntate.pontevedra.gal

Sábado 10 de maio

  • 11.30 h: Un pobo con historia de seu: O megalitismo, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode. Programa Apego. Área de lecer Chan da Parafita (monte da Fracha). Reserva de praza en apuntate.pontevedra.gal
  • 18.00 h: Gala Ben Veñas, Maio. Certame musical e entrega de premios de todos os certames. Auditorio do Pazo da Cultura. Organizan os ENDL dos IES e CIFP públicos e o Concello de Pontevedra.

Martes 13 de maio

  • 19.00 h: Galego, lingua de éxito: O galego na ciencia e na industria. Con Pablo López (revista Galicia Ciencia) e Daniel Hermosilla (CEO Grupo Rodiñas). Casa das Campás. Organiza o Ateneo de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Mércores 14 de maio

  • 20.00 h: Ciclo de relatorios Ano Castelao. Xoán Carlos Garrido Couceiro, ‘Pensando como Castelao’. Café Moderno. Organizan a asociación cultural Maio Longo e Vía Galega, coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Venres 16 de maio

  • 19.30 h: Concerto das Letras. Praza da Ferraría. Organiza o CMUS Manuel Quiroga.
  • 20.00 h: Festa da Lingua. Ruada desde a praza da Peregrina, ofrenda floral a Castelao e actuación de Polavila. Organiza a asociación cultural A Pedreira.
  • 22.00 h: Concertos de Regueifa Tour, Cuarta Xusta e Teta’s Van. Praza da Pedreira. Organiza a asociación cultural A Pedreira, coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Sábado 17 de maio

  • 11.00 h: Peter Punk, xogo tradicional con Miudiño, ruada con Foula e libros viaxeiros. Rúa da Serra. Organiza a asociación cultural A Pedreira, coa colaboración do Concello de Pontevedra.
  • 14.00 h: Sesión vermú con Foula e Pandeireteiras de Quireza. Rúa da Serra. Organiza a asociación cultural A Pedreira, coa colaboración do Concello de Pontevedra.
  • 19.00 h: Ano Castelao. Pegadas de Castelao, con Migallas. Centro Cultural de Monte Porreiro. Actividade para público familiar a partir de 6 anos. Organizan a asociación veciñal O Mirador e o Concello de Pontevedra.

Martes 20 de maio

  • 19.00 h: Galego, lingua de éxito: O galego no cine e na banda deseñada, con Jaione Camborda (guionista e directora de cine) e Kiko da Silva (historietista e ilustador). Casa das Campás. Organiza o Ateneo de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Mércores 21 de maio

  • 20.00 h: Ciclo de relatorios Ano Castelao. María Pilar García Negro: ‘Castelao no século XXI’. Café Moderno. Organizan a asociación cultural Maio Longo e Vía Galega, coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Venres 23 de maio

  • 17.30 h e 18.30 h: Casa, casiña, casona, con Marta Ortiz. Programa Apego. Cova dos Libros Fantásticos. Reserva de praza en apuntate.pontevedra.gal

Sábado 24 de maio

  • 11.00 h e 12.00 h: Obradoiro de cianotipia, con Alouette Machine. Programa Apego. Río dos Gafos. Reserva de praza en alingualatexa@gmail.com

Martes 27 de maio

  • 19.00 h: Galego, lingua de éxito: O galego nas industrias musicais, con Mondra (artista, cantareiro e bailador) e Uxía (cantante e produtora musical). Casa das Campás. Organiza o Ateneo de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Mércores 28 de maio

  • 20.00 h: Ciclo de relatorios Ano Castelao. Manuel Rei Romeu, conversa sobre o libro ‘Castelao, desta terra e deste tempo’. Organizan a asociación cultural Maio Longo e Vía Galega, coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Xoves 29 de maio

  • 10.30 h: Correlingua. Desde a alameda, percorrido por rúas e prazas. Organizan AC Correlingua, CIG-Ensino e Concello de Pontevedra.
  • 17.00 h: Entrega de premios do certame de relato curto da FANPA. Teatro Principal.

Venres 30 de maio

  • 17.30 h: Panchito, con Polo Correo do Vento e Marcelo Dobode. Ano Castelao. Para crianzas a partir de 3 anos. Local social de Cons. Reserva de praza en apuntate.pontevedra.gal
  • 17.30 h e 18.30 h: Corochas, con Atenea García. Programa Apego. Cova dos Libros Fantásticos. Reserva de praza en apuntate.pontevedra.gal
  • 20.30 h: A Caixa Rural de Lérez: a memoria recobrada. Intervén Xosé Álvarez Castro. Casa da Cultura de Lérez. Organiza a asociación cultural Cedofeita.

Domingo 1 de xuño

  • 09.30 h: Andaina. Cruceiros de Lérez debuxados por Castelao. Ano Castelao. Saída desde a rotonda do mosteiro de Lérez. Duración aproximada: 3 horas e media. Organizan a asociación cultural Cedofeira, coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Martes 3 de xuño

  • 19.30 h: Recepción ás asociacións co gallo de ‘Maio, Mes da Lingua’ e entrega dos premios do certame de relato da EOI. Pazo da Cultura (cafetería).

Mércores 4 de xuño

  • 18.30 h: Camiñada con Castelao. Ano Castelao. Presentación no Café Moderno e percorrido a seguir.

Sábado 7 de xuño

  • 11.30 h: Entrega dos Premios Mil Primaveras. Salón de actos do Pazo da Cultura. Organiza CTNL, coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Domingo 8 de xuño

  • 18.00 h: Andaina teatralizada sobre Castelao por Salcedo. Ano Castelao. Saída da praza de San Xosé. Duración aproximada: 3 horas. Organiza AV Salcedo Norte, coa colaboración do Concello de Pontevedra.


Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!