'Mariñeiras', de A Cova das Letras en Soutomaior

dom11out17:30'Mariñeiras', de A Cova das Letras en Soutomaior'GOZA DO TEU PUNTO G'17:30 Multiusos de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

O domingo 11 de outubro, Sonia García e Cris Collazo, da compañía de teatro A Cova das Letras, interpretan a peza ‘Mariñeiras’ no Multiúsos da Xunqueira.

️Trátase dun espectáculo interactivo sobre a vida mariñeira e a aprendizaxe do oficio do mar.

A través de cánticos, empregando a xerga propia do oficio, a navegación e a comida. Todo en clave de humor, música e ensalzando a forza das mulleres.

Somos nós. O mar que fica, sobe e baixa, enchoupa a area, o mar rabudo e bravo, o mar calmo e morno. Quixemos brincar con el pra reivindicar a nosa forza, a forza da muller.

Xurdiu coa ilusión de traballar xuntas e, A Cova das Letras, compañía teatral das terras do Deza, acolleu a montaxe deste espectáculo, que continúa a liña das anteriores pezas: a clave feminina e a temática rural, neste caso da costa.

Atamos nós ben fortes para emprender unha longa viaxe, surcando mares, vento en vela, a toda popa.

Este espectáculo, destinado a público infantil e familiar, forma parte do programa ‘Goza do teu punto G’, organizado polo Concello de Soutomaior.

Entrada de balde ata completar cabida.

Hora

(Domingo) 17:30

Localización

Multiusos de Arcade

Rúa do Peirao, 8, 36690 Soutomaior

Está pasando!