This is a repeating event

Nadal Pontevedra 2024

xov05decConsultarNadal Pontevedra 2024Do 5 de decembro de 2024 ao 6 de xaneiro de 2025(Consultar: xoves) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra presentou un programa de Nadal cun cento de actividades pensado e ideado con agarimo para todos os nenos e nenas “de entre 2 e 102 anos”, que inclúen obradoiros, espectáculos de maxia, animación de rúa, concertos, decoracións e recreacións, humor ou teatro.

Neste Nadal hai que destacar algunhas propostas como a pista de xeo de Montero Ríos, que este ano será o dobre de grande ca do ano pasado; o novo tren que poderán gozar as crianzas e as familias na Praza do Concello; as actividades especiais do Mercado, en especial as badaladas para crianzas con uvas máxicas de Aninovo; e o Concerto solidario do Conservatorio Manuel Quiroga, do 19 de decembro, cuxa recadación irá destinada de xeito íntegro ao conservatorio de Utiel.

O alumeado de Nadal vivirá a súa inauguración e encendido o 5 de decembro, ás 19.00 horas na Praza do Concello, contando coa Banda de Música de Pontevedra e a agrupación Maravallada.

O programa do Nadal Pontevedra 2024/25, que pode ser consultado en pontevedra.gal é o seguinte:

 POBOADO DE NADAL 

DO 5 DE DECEMBRO AO 5 DE XANEIRO

  • Praza da Ferraría
  • Ambientación de nadal. Mercado de artesanía e agasallo
  • *25 de decembro e 1 de xaneiro pechado
  • Colabora: CCU Zona Monumental

 INAUGURACIÓN DA ILUMINACIÓN DE NADAL 

5 DE DECEMBRO

  • 19.00 h. Praza de España. Banda de Música de Pontevedra e Maravallada. Pasarrúas Luz Branca de Nadal

 ESTACIÓN DO BOSQUE 

Un espazo de nadal pensado especialmente para a cativada na Praza de España, Montero Ríos e Alameda

O BOSQUE DOS XOGOS

  • DO 5 DE DECEMBRO AO 3 DE XANEIRO

    • Fin de semana e festivos. De 12:00 a 14:00 h e de 16:30 a 19:30 h
    • Do 9 ao 13 e do 16 ao 20 decembro. De 16:30 a 19:30 h
    • Do 22 ao 3 de xaneiro. De 12:00 a 14:00 h e de 16:30 a 19:30 h
    • Actividades infantís para nenos/as menores de 12 anos

TIROLESA, PISTA DE XEO, TOBOGÁN DE XEO E TREN

  • DO 5 DE DECEMBRO AO 6 DE XANEIRO

    • Fin de semana e festivos. De 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h
    • Do 5 de decembro ata o 20 de decembro. 16.00 a 21.00 h
    • Do 21 de decembro ao 5 de xaneiro. De 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h
    • 24, 31 de decembro e o 5 de xaneiro. Pecha ás 19.00 h
    • 6 de xaneiro de 16.00 a 21.00 h

*O tobogán e o tren de Nadal permanecerán pechados a partir do 2 de xaneiro

*A tirolesa abre ás 12.00 e pecha ás 19.30 h.

 ANIMACIÓN DE RÚA 

7 DE DECEMBRO

  • 18.00 h. Pasarrúas: O Apalpador e a Banda do Monte Furado. Centro Histórico

20 DE DECEMBRO

  • 18.00 h. Pasarrúas: O estraño caso do dentista da rúa Brasov. Centro Histórico

21 DE DECEMBRO

  • 17.30 h. Obradoiros, música, maquillaxe e animación de rúa. Parque das Camelias
  • 18.00 h. Pasarrúas: Christmas Parade. Centro Histórico

22 DE DECEMBRO

  • 18.00 h. Pasarrúas: O Apalpador e a Banda do Monte Furado. Centro Histórico

23 DE DECEMBRO

  • 17.30 h. Obradoiros, música, maquillaxe e animación de rúa. Praza de Curros Enríquez
  • 18.00 h. Pasarrúas: O Apalpador e a Banda do Monte Furado. Centro Histórico

24 DE DECEMBRO

  • 12.00 h. Recepción de Papa Noel. Obradoiros de nadal. 1ª planta do Mercado de Abastos. *Para participar hai que entregar un billete de compra en comercios da Zona Monumental

26 DE DECEMBRO

  • 18.00 h. Pasarrúas: Fantasy Christmas. Centro Histórico

27 DE DECEMBRO

  • 17.30 h. Obradoiros, música e animación de rúa. Pasarela 12 de Novembro

28 DE DECEMBRO

  • 17.30 h. Obradoiros, música e animación de rúa. Campolongo
  • 18.00 h. Pasarrúas: O estraño caso do dentista da rúa Brasov. Centro Histórico

4 DE XANEIRO

  • 17.30 h. Cantos de Reis, Os Chichisos. Percorrido: praza da Liberdade, praza de San Xosé, rúa da Oliva, rúa da Peregrina, Daniel de la Sota, praza da Peregrina, praza da Ferraría e Curros Enríquez

 AUDITORIO PAZO DA CULTURA 

5 DE DECEMBRO

  • 21.00 h. Concerto Tributo a Joaquín Sabina “Conductores Suicidas”. Venda anticipada en Ataquilla.com

7 DE DECEMBRO

  • 20.30 h. Concerto de zarzuela a cargo da coral Airiños de Campañó. Entrada libre ata completar a cabida

19 DE DECEMBRO

  • 19.30 h. Concerto solidario persoas afectadas pola DANA de Valencia CMUS Manuel Quiroga. Venda anticipada en Ataquilla.com

20 DE DECEMBRO

  • 19.30 h. Concerto de nadal da Orquestra Xove da Sinfónica de Pontevedra e Xove Orquestra Terra Nova de Lugo. Entrada de balde ata completar a cabida

21 DE DECEMBRO

  • 21.00 h. Concerto de Carlos Núñez. Venda anticipada en Ataquilla.com

28 DE DECEMBRO

  • 20.00 h. Música, 40º aniversario da agrupación folclórica CELME

1 DE XANEIRO

  • 19.30 h. Concerto de aninovo. Orquestra Sinfónica de Pontevedra. Venda anticipada en Ataquilla.com

 SALA DE EXPOSICIÓNS PAZO DA CULTURA 

EXPOSICIÓN ‘DO FINAL E DO COMEZO’

  • Do 13 de decembro de 2024 ao 12 de xaneiro de 2025
  • De martes a venres de 18.00 a 21.00 h. Sábados de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h. Domingos e festivos de 12.00 a 14.00 h

 RECINTO FEIRAL 

NADAL XOGOS

  • Do 20 de decembro ao 7 de xaneiro de 16:00 a 21:00 h. Talleres, contacontos, xogos tradicionais… *25 decembro e 1 e 6 xaneiro pechado

 TEATRO PRINCIPAL 

1 DE DECEMBRO

  • 12.00 h. Concerto grandes clásicos. Banda de Música de Pontevedra

2 DE DECEMBRO

  • 20.30 h. Concerto, Alejandra Díaz (violoncello) – Misha Dacic (piano)

3 DE DECEMBRO

  • 20.30 h. Cine, ‘A hora da estrela’. Organiza Cineclube Pontevedra

10 AO 15 DE DECEMBRO

  • Festival Internacional de Cinema de Pontevedra “Novos Cinemas”. edición 09

20 DE DECEMBRO

  • 21.00 h. Humor, ‘Lo positivo de fracasar en el amor’. Monólogo de Pablo Piñeiro. Venda anticipada en Vivetix.com

DÍAS 21 E 22 DE DECEMBRO

  • 20.00 h. Concerto de panxoliñas. Organiza Coordinadora de Corais. Entrada libre ata completar a cabida

22 DE DECEMBRO

  • 12.00 h. Concerto especial de nadal. Banda de Música de Pontevedra

23 DE DECEMBRO

  • 20.00 h. Concerto de nadal da Banda de Música de Salcedo. Entrada libre ata completar cabida

29 DE DECEMBRO

  • 20.00 h. Concerto de nadal. Seminario Permanente de Jazz

 MERCA NO BARRIO 

6 DE DECEMBRO

  • Praza Citara – Centro Leste. Obradoiro de adornos de nadal. 5 quendas: 11.00, 12.15, 16.30, 17.45 e 19.00 h. Inscricións: arxilarte.org

20 DE DECEMBRO

  • Centro Leste. Cine de Nadal. Ás 19.30 h

23 DE DECEMBRO

  • Monte Porreiro. Parque da rúa Alemaña. Obradoiros de galletas e guirnaldas de nadal, disfraces e maquillaxe. Contos máxicos. Ás 16.30 h
  • Pintor Laxeiro. Parque Damián. Inchables, xogos e Papá Noel. De 17.00 a 20.00 h

24 DE DECEMBRO

  • Pintor Laxeiro. Parque Damián. Obradoiros tradicionais. De 17.00 a 19.00 h

26 DE DECEMBRO

  • Pintor Laxeiro. Parque Damián. Obradoiros tradicionais. De 17.00 a 20.00 h. Presentación do disco ‘Valiente’, de Rodrigo Valiente. Ás 20.00 h
  • Galerías da Oliva. Obradoiros de galletas e guirnaldas de nadal, disfraces e maquillaxe. Contos máxicos. Ás 16.30 h

27 DE DECEMBRO

  • Pintor Laxeiro. Parque Damián. Obradoiros tradicionais. De 17.00 a 20.00 h
  • Centro Leste. Cine de Nadal. Ás 19.30 h

30 DE DECEMBRO

  • Pintor Laxeiro. Parque Damián. Obradoiros tradicionais. De 17.00 a 20.00 h
  • Galerías Frai Xoán de Navarrete. Obradoiros de galletas e guirnaldas de nadal, disfraces e maquillaxe. Contos máxicos. Ás 16.30 h

31 DE DECEMBRO

  • Pintor Laxeiro. Parque Damián. Obradoiros tradicionais. De 17.00 a 19.00 h

2 DE XANEIRO

  • Pintor Laxeiro. Parque Damián. Festa de Aninovo de 17.00 a 19.00 h
  • Campolongo. Praza de Galicia. Obradoiros de galletas e guirnaldas de nadal, disfraces e maquillaxe. Contos máxicos. Ás 16.30 h

 NADAL NO MERCADO 

Espazo gastronómico do Mercado

7 DE DECEMBRO

  • Obradoiro de adornos de Nadal. 3 quendas: 16.30, 17.45 e 19.00 h. Inscricións: arxilarte.org

24 DE DECEMBRO

  • Obradoiro de creación de panxoliñas. 3 quendas: 10.00, 11.00 e 12.00 h.
  • Espectáculo ‘Unha historia de Nadal’. De 13:00 a 13:45 h. Inscricións: paseapontevedra@gmail.com

30 DE DECEMBRO

  • Concerto de Tony Lomba. Ás 20.30 h

31 DE DECEMBRO

  • Obradoiro de cotillón infantil. 2 quendas: 10.45 e 12.00 h
  • Dj Sorpresita. Ás 13.00 h.
  • Badaladas con uvas máxicas de Aninovo. Ás 14.00 h. Inscricións: nadalnomercado@gmail.com

21 DE DECEMBRO AO 5 DE XANEIRO

  • Obradoiros “O GANAPÁN”. De 11.30 a 13.30 h. *O día 25 de decembro e 1 de xaneiro non haberá obradoiro

 NADAL NOS CENTROS CULTURAIS 

A CANICOUVA

  • 21 de decembro. 17.00 h. Maxia: ‘Por Arte de Maxia’

A DEVESA-ALBA

  • 30 de decembro. 17.00 h. Teatro: ‘A pirata Lola’

CAMPAÑÓ

  • 28 de decembro. 19.00 h. Teatro: ‘Tiqtoqueiras’

CENTRO LESTE

  • 22 de decembro. 17.00 h. Teatro infantil: ‘Soño’

CERPONZÓNS

  • 2 de xaneiro. 17.00 h. Teatro: ‘A pirata Lola’

CONS-MOURENTE

  • 29 de decembro. 17.00 h. Teatro infantil: ‘Soño’

ESTRIBELA

  • 28 de decembro. 17.00 h. Teatro infantil: ‘Xan das Ondas’

LÉREZ

  • 26 de decembro. 19.00 h. Teatro infantil: ‘A ilusión do Nadal’

MARCÓN

  • 29 de decembro. 17.30 h. Teatro: ‘Camiño de historias’

MONTE PORREIRO

  • 29 de decembro. 19.00 h. Teatro: ‘Tiqtoqueiras’
  • 4 de xaneiro. 17.00 h. Festa de Nadal

O BURGO

  • 28 de decembro. 17:00 h. Teatro infantil: ‘Soño’

O GORGULLÓN

  • 28 de decembro

    • 17.00 h. Pasarrúas do Apalpador. Barrio do Gorgullón
    • 19.00 h. Maxia: ‘Por Arte de Maxia’

O SALGUEIRAL-BORA

  • 29 de decembro. 17.00 h. Teatro infantil: ‘A ilusión do Nadal’

OS CAMPOS – MOURENTE

  • 3 de xaneiro. 17.00 h. Teatro: ‘A pirata Lola’

PONTE MUÍÑOS

  • 26 de decembro. 17.00 h. Maxia: ‘Por Arte de Maxia’

PONTE SAMPAIO

  • 24 de decembro. 16.30 h. Teatro infantil: ‘Xan das Ondas’

REIRIZ-ALBA

  • 21 de decembro. 17.00 h. Teatro: ‘Camiño de historias’

SALCEDO

  • 22 de decembro. 19.00 h. Teatro: ‘Tiqtoqueiras’
  • 4 de xaneiro. 17.00 h. Teatro: ‘A pirata Lola’

SANTA MARÍA DE XEVE

  • 28 de decembro. 17.00 h. Teatro: ‘Camiño de historias’

SANTO ANDRÉ DE XEVE

  • 27 de decembro. 17.00 h. Maxia: ‘Por Arte de Maxia’

TOMEZA

  • 27 de decembro. 17.00 h. Teatro: ‘Soño’

VERDUCIDO

  • 27 de decembro. 17.00 h. Teatro infantil: ‘Xan das Ondas’

 CABALGATA DE REIS 

  • 11.00 h. Recepción oficial. Casa Consistorial
  • 18.00 h. Cabalgata de Reis. Avenida de Lugo, Loureiro Crespo, Benito Corbal, praza da Peregrina, Michelena, praza España e Alameda

 PROGRAMA (EN)VOLVE 

Participa no programa (en)Volve para que ningún neno, nena ou adolescente en situación de risco de exclusión social quede sen agasallo este Nadal!

Participa facéndote cómplice dos Reis Magos cubrindo o formulario que atoparás na páxina web municipal pontevedra.gal

Goza do Nadal, agasalla ilusión!



Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!