O Baúl da tía Tola presenta 'Lixo' en Gondomar

dom25feb19:00O Baúl da tía Tola presenta 'Lixo' en GondomarCiclo de Teatro Infantil e familiar19:00 Auditorio Lois Tobío - Gondomar

Detalles do Evento

Dentro do ciclo de teatro infantil e familiar organizado polo Concello de Gondomar, a compañía O Baúl da tía Tola porá en escena no Auditorio Municipal Lois Tobío, a obra de teatro ‘Lixo’, dirixida a nenos e nenas a partir de 2 anos.

‘Lixo’ está creado a partir de material plástico reciclado como bolsas de lixo, cubertas e esqueletos de tendas de campaña… co que facer escenografías para o xogo a partir de obxectos que poderían ser simples desperdicios.

Mergullarémonos nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento.

​As dúas protagonistas, unhas bailadeiras moi peculiares, vivirán unha aventura na que teñen que “crear cultura a partir da varredura”.

​Comunícanse con pareados, móvense con pasos de ballet inventados por elas mesmas e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ó longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra.

‘Lixo’ está dirixida por Alfredo Rodríguez e protagonizada polas actrices Anna Cañadillas e Soraya Paradela

Entradas anticipadas á venda a un prezo de tan só 2,50 euros en taquilla.concellodegondomar.gal



O Baúl da tía Tola

A compañía nace no ano 2014 en Vigo coa finalidade de achegar a maxia do teatro ó público máis novo. Neste baúl teñen cabida todos aqueles proxectos que promovan a imaxinación, a ilusión, a alegría e a aprendixaxe a través de diversos estímulos sensoriais e do xogo.

Gústanos traballar con diferentes materiais plásticos descubrindo as súas posibilidades escénicas. Nos nosos espectáculos dámoslle protagonismo á creación de ambientes sonoros e imaxes visuais a partir do movemento, da xestualidade e do son.


Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Auditorio Lois Tobío

Lugar Urbanización Miñor, 0 s/n, 36380 Gondomar

Está pasando!