Proxección de 'El 47' en Bueu

ven28mar21:00Proxección de 'El 47' en BueuCineclub Bueu21:00 Centro Social do Mar - Bueu

Detalles do Evento

O venres 28 ás 21:00 horas, no Centro Social do Mar, o Cineclub Bueu pechará a programación de marzo coa proxección de ‘El 47’ (Marcel Barrena, España, 2024).

Gañadora de 5 premios Goya, este drama biográfico está protagonizada por Eduard Fernández, Óscar de la Fuente, Salva Reina, Vicente Romero, Betsy Túrnez, Clara Segura e Zoe Bonafonte.

A cota de entrada será de 2 euros para socios e de 4 euros para non socios.



Sinopse:

‘El 47’ conta a historia dun acto de disidencia pacífica e o movemento veciñal de base que en 1978 transformou Barcelona e cambiou a imaxe dos seus suburbios para sempre.

Manolo Vital era un condutor de autobús que se apropiou do bus da liña 47 para desmontar unha mentira que o Concello se empeñaba en repetir: os autobuses non podían subir as costas do distrito de Torre Baró.

Un acto de rebeldía que demostrou ser un catalizador para o cambio, de que as persoas se enorgullecen das súas raíces, dunha loita da veciñanza, da clase traballadora que axudou a crear a Barcelona moderna dos anos 70.

(FILMAFFINITY)


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Centro Social do Mar

Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu

Está pasando!