Noite de San Xoan 2026 en Soutomaior

mar23xuñ19:30Noite de San Xoan 2026 en SoutomaiorConcello de Soutomaior19:30 Peirao de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

Concello de Soutomaior celebrará un ano máis a Noite de San Xoán cunha completa programación pensada para todas as idades, na que non faltarán as actividades familiares, a música en directo, os espectáculos de rúa e a tradicional fogueira.

A programación comezará ás 19:30 horas co xogo en familia “Consegue as túas herbas de San Xoán”, unha actividade dirixida ao público xeral e familiar que permitirá achegar á veciñanza ás tradicións vinculadas a esta noite máxica.

A partir das 21:00 horas terá lugar a tradicional sardiñada e churrascada a prezos populares e, ás 22:00 horas, arrancará o primeiro pase do concerto do grupo Tanto Nos Ten, que volverá subir ao escenario ás 00:15 horas.

Ás 23:00 horas será a quenda do espectáculo de rúa “Subumbra”, da compañía Troula, unha proposta para todos os públicos que encherá de luz e animación a noite de San Xoán.

O momento máis agardado chegará ás 00:00 horas co acendido da fogueira e o tradicional salto do lume. Unha fogueira adaptada e inclusiva para que todas as persoas poidan participar desta celebración en igualdade de condicións.

Con esta celebración, o Concello dará inicio á programación de “Moito Verán. Soutomaior é moito”, unha ampla oferta de actividades culturais e de lecer que se desenvolverá durante os próximos meses.

Hora

(Martes) 19:30

Localización

Peirao de Arcade

Lugar Peirao, 16 36690 Arcade Soutomaior

Está pasando!