Proxección de 'Las bicicletas son para el verano' en Pontevedra

ven27dec19:00Proxección de 'Las bicicletas son para el verano' en Pontevedraciclo de proxeccións dos premios feroz 202519:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro da programación previa dos Premios Feroz de decembro, os días 26, 27 e 28 no Teatro Principal de Pontevedra, ás 19:00, celebrarase o ciclo especial dedicado a Jaime Chávarri, Premio Feroz Audi de Honra 2025 con ‘Las cosas del querer’, ‘Las bicicletas son para el verano’ e ‘El desencanto’.

Xa en xaneiro, na véspera da entrega de premios, o director e guionista homenaxeado compartirá unha charla maxistral cos pontevedreses máis cinéfilos (máis detalles proximamente).



As actividades de decembro previas aos Feroz 2025 son as seguintes:

  • Luns 16 no Teatro Principal, ás 19:00, charla con Javier Macipe (director) e Álvaro Medina (director de fotografía) de ‘La estrella azul’ tras ver a película. Ese mesmo día ás 16:00 na Facultade de Comunicación de Pontevedra, Medina impartirá unha clase maxistral sobre dirección de fotografía e sobre o seu traballo nesta película.
  • Martes 17 no Auditorio de Pontevedra, ás 19:00, Rodrigo Cortés e o seu inclasificable ‘Escape’ (presentación + proxección + coloquio).
  • Mércores 18 tamén no Auditorio, ás 19:00, a actriz María Rodríguez Soto, o guionista Eduard Sola e a produtora Ana Eiras quen nos falará da súa ‘Casa en flames’ (presentación + proxección + coloquio).
  • Xoves 19 no Teatro Principal, ás 19:00, coloquio cos creadores de ‘Nos vemos en otra vida’, os irmáns Jorge e Alberto Sánchez-Cabezudo xunto á actriz Tamara Casellas, tras a proxección dos dous primeiros episodios da serie.
  • Sábado 21 no Teatro Principal, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:30, proxectaranse os cinco primeiros capítulos de ‘Los años nuevos’ e xusto despois terá lugar unha charla co seu máximo responsable, Rodrigo Sorogoyen.
  • Os días 26, 27 e 28 no Teatro Principal, ás 19:00, celebrarase o ciclo especial dedicado a Jaime Chávarri, Premio Feroz Audi de Honra 2025 con ‘Las cosas del querer’, ‘Las bicicletas son para el verano’ e ‘El desencanto’.

A entrada é gratuíta a todas as sesións. As invitacións deben retirarse previamente na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 localidades por persoa.



Premios Feroz

Os Premios Feroz 2025, que destacan o mellor da produción audiovisual española do ano para a prensa especializada, están patrocinados polo Concello de Pontevedra así como por Legado Ibérico, marca premium do Pozo Alimentación e líder no sector do ibérico. Ademais, contan coa colaboración de Audi —Vehículo Oficial— e co financiamento do Goberno de España – Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) do Ministerio de Cultura.

A Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) é un grupo plural de máis de 250 xornalistas e críticos dedicados a informar sobre cinema en televisión, radio, prensa e Internet de todo o país. Desde 2014 entregan os PREMIOS FEROZ® para destacar o mellor da produción audiovisual española do ano. Ademais dos galardóns anuais, a asociación outorga o Premio Feroz Zinemaldia no Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, o Premio Feroz Puerta Oscura no Festival de Málaga e o Premio Feroz Cinema Jove á mellor curtametraxe no seo do festival do mesmo nome. A AICE tamén organiza o festival Lo que viene, o campus de cinema e series La Inmortal en Zaragoza e o programa de formación en xornalismo de cinema e series María Luz Morales.

Hora

(Venres) 19:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!