Proxección de 'Non sei dicir adeus' en Pontevedra

mér05feb19:00Proxección de 'Non sei dicir adeus' en Pontevedraciclo de cine e saúde mental: O oficio de vivir19:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O cinema é emoción, acción, fantasía e realidade. Axúdanos a interpretar, a coñecer e recoñecer o noso mundo e a imaxinar outros, apréndenos a entendernos e a aceptar ao diferente. E axúdanos a procesar emocións difíciles e situacións que axitan as nosas vidas e conciencias.

Neste marco a Concellería de Benestar Social de Pontevedra promove o ciclo de cine e saúde mental: O oficio de vivir, unha iniciativa do colectivo Taller Abierto e o director do Festival Novos Cinemas, Suso Novás.

Este ciclo chega á súa terceira edición, abordando catro temáticas (unha por película seleccionada): dó, menores en risco, reinserción social e suicidio. Cada sesión seguirá o mesmo esquema: presentación e contextualización do filme, proxección, charla de Suso Novás co experto/ a invitada e coloquio.

As sesións do ciclo de cine e saúde mental, dirixidas a un público xeral, desenvolveranse os días 5, 6, 12 e 13 de febreiro, ás 19.00 horas, no Teatro Principal. O acceso é libre ata completar aforo.


Presentación do ciclo de cine e saúde mental ‘O oficio de vivir’ | Concello de Pontevedra

A programación do ciclo de cine e saúde mental O oficio de vivir é a seguinte:

MÉRCORES 5 DE FEBREIRO

  • Película: Non sei dicir adeus (No sé decir adiós, España, 2017, Lino Escalera)
  • Temática:
  • Relator/a: Alejandra Santos Polo / Suso Novas

XOVES 6 DE FEBREIRO

  • Película: Temos que falar de Kevin (We Need to Talk About Kevin, Inglaterra, 2011, Lynne Ramsay)
  • Temática: Menores en situación de risco
  • Relator/a: Rocío Gómez Juncal / Suso Novás

MÉRCORES 12 DE FEBREIRO

  • Película: Eu tiña unha vida (Yo tenía una vida, España, 2023, Octavio Guerra)
  • Temática: Reinsercións social
  • Relator/a: Pablo Graña / Suso Novás

XOVES 13 DE FEBREIRO

  • Película: Xente corrente (Ordinary People, Estados Unidos, 1981, Robert Redford)
  • Temática: Suicidio
  • Relator/a: Estrela Gómez / Suso Novás



Relatores/as:

Alejandra Santos. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Salamanca. É especialista en Psico-oncoloxía e coidados paliativos. Actualmente traballa na Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra. A práctica neste ámbito obrigouna a ter formación e especialización en duelo para acompañar ás familias tras a perda dun ser querido.

Rocío Gómez. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Psicoloxía pola Universidade de Vigo, sendo docente e investigadora desde 2003 en diferentes universidades españolas. Foi profesora na Universidade de Vigo, Santiago e na UNED e desde 2018 é profesora na UNIR. Desde novembro de 2024 é Subdirectora académica da Área de Psicología da Facultade de Saúde de UNIR.

Pablo Braña. Graduado en Traballo social. Entre o 2008 e o 2023 traballou adscrito aos Servizos de Hospitalización a Domicilio e Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Participou como relator en distintos congresos e talleres. Na actualidade traballa no Servizo de Psiquiatría (Unidade de Agudos) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Estrela Gómez. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2003 leva traballando como psicóloga en diferentes centros de menores e de rehabilitación psicosocial así como na súa propia consulta en Pontevedra. Desde 2007 é a psicóloga e coordinadora dun centro de Rehabilitación Psicosocial en Cangas para personas con trastorno mental grave.

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!