Proxección de 'Os anos de Super 8' en Pontevedra

lun11nov20:30Proxección de 'Os anos de Super 8' en PontevedraCINECLUBE PONTEVEDRA20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O luns 11 de novembro, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, proxectarase o filme ‘Os anos de Super 8’ (Les années Super 8, Annie Ernaux e David Ernaux-Briot, 2022, Francia, 61 min., VOSE, Lingua orixinal: francés), nunha nova sesión organizada polo Cineclube Pontevedra.

A gañadora do Premio Nobel de Literatura 2022, Annie Ernaux, comparte, describe e narra en off unha serie de gravacións familiares filmadas en Super 8 entre 1972 e 1981. Imaxes silentes que combinan intimidade familiar e diario de viaxes nun tempo convulso: o de Francia tralo seu Maio, Chile tralo Golpe e a Unión Soviética antes da súa disolución. Unha memoria familiar que é tamén historia e que constitúe unha coherente prolongación da obra literaria da escritora francesa.

O filme foi estreado na Quincena de Cineastas de Cannes 2022.



Cineclube Pontevedra dedícalle o mes de novembro a un dos máis grandes e populares directores de cinema clásico de Hollywood: William Wyler (1902 -1981). Wyler, que soubo coma ninguén ensamblar o comercial e o artístico, foi un referente na experimentación coa profundidade de campo e tamén na adaptación de textos literarios ao cinema.

Proxectaranse tres obras icónicas do director, nas que dirixiu con mestría estrelas do talle de Bette Davis (A Loba), Olivia de Havilland (A herdeira) ou Audrey Hepburn e Shirley MacLaine (A calumnia), e nas que adapta obras da dramaturga Lillian Hellman (A loba, A calumnia) e de Henry James (A herdeira).

Pola súa banda, as sesións de filmoteca dos luns terán tamén unha forte compoñente literaria. Trátase de cadansúa aproximación de carácter documental a dúas importantes figuras literarias: Annie Ernaux, a gañadora do Nobel de Literatura en 2022 e unha das máis recoñecidas escritoras contemporáneas, que asina xunta o seu fillo David Os anos Super 8; e o estadounidense Wallace Stevens (1879-1955), figura fundamental da poesía en lingua inglesa do século XX, arredor da que orbita a hipnótica A Foreign Song, asinada polo cineasta galego César Souto.

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!