VI Cross Cabo Udra | © Asociación Veciñal Por Beluso

This is a repeating event

VIII Cross Cabo Udra 2025

sáb21xuñConsultarVIII Cross Cabo Udra 202521 e 22 de xuño de 2025(Consultar: sábado) Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

A Asociación Por Beluso (ASBEL), coa colaboración do Concello de Bueu e doutras entidades, organiza os días 21 e 22 de xuño de 2025 a VIII edición do CROSS CABO UDRA.

O CROSS CABO UDRA nace coa clara intención de darlle continuidade e recuperar unha proba que se viña realizando dende antano, e que era un dos referentes provinciais a nivel escolar e popular, o CROSS DE BELUSO. Falar do Cross de Beluso é mergullarse nunha montaña rusa de recordos e imaxes que nos trasladan as décadas dos 80´ e 90´ onde tivo o seu maior esplendor.

O tratarse dunha das escasas probas deportivas que se organizaban pola xeografía comarcal o nivel de participación era altísimo. Nenos, nenas, nais, pais… incluso avós e avoas marcaban no seu calendario esta data tan importante e que se encadraba dentro dos actos da Semana Cultural de Beluso.

E non nos podemos esquecer dos artífices que facían posible esta loucura… mestres/as, pais/nais, alumnos/as, así como non entidades públicas e privadas que dunha maneira totalmente altruísta aportaron o seu gran de area a esta iniciativa.



Lamentablemente, e por problemas derivados da seguridade vial, dende o ano 2003 tivo que renunciarse a súa organización. Ante a imposibilidade de poder retomar o evento nas proximidades do centro escolar, a primeira das opcións que valoramos foi o seu trasladalo ó entorno de Cabo Udra, onde os participantes poden desfrutar duns circuítos acordes a este tipo de carreiras e dunhas paisaxes incribles para acompañar a práctica deportiva.

Establécse a zona de Chans de Esqueiros como o centro neurálxico da nosa organización e dende alí estruturamos e deseñamos os diferentes circuítos que collen as carreiras, e todo o entramado loxístico necesario que dará servizo os máis de 800 atletas/as que xa nos acompañan dende as últimas edicións.

O cambio do entorno, xunto co parón de 13 anos que sufriu o Cross, foron un dos condicionantes que propiciaron un novo nome para a proba: CROSS CABO UDRA. Somos conscientes de que podemos recuperar a esencia do evento pero non apropiarnos do seu nome, xa que eran outras épocas e circunstancias.

O que si que se mantivo foi o carácter aberto e popular que ofrece a proba onde calquera persoa, independentemente do seu sexo e idade pode participar nesta carreira.

Inscricións abertas ata as 23.59 horas do martes, 17 de xuño de 2025 en crosscaboudra.com

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!