This is a repeating event

Visitas teatralizadas de Samaín para adultos no Castelo de Soutomaior

ven04outConsultarVisitas teatralizadas de Samaín para adultos no Castelo de SoutomaiorDo 4 ao 26 de outubro de 2024(Consultar: venres) Castelo de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Este Samaín, coma cada ano, a Deputación de Pontevedra convídate a vivir unha experiencia única e aterradora no Castelo de Soutomaior. Á noitiña, as súas portas abriranse para aquelas e aqueles valentes dispostos a explorar os escuros recunchos do castelo e descubrir os misterios que agochan as súas murallas.

Durante 50 minutos acompañarás a Félix polas distintas zonas do castelo onde vivirás desagradables encontros.

Atréveste a enfrontarte ás almas que aínda vagan polo castelo?



As visitas teatralizadas serán a cargo da compañía Troula Animación e baséanse na idea de que os asistentes o pasen ben pasándoo mal.

Esta actividade para público adulto terá lugar os venres e os sábados (os días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de outubro) en horario de 20:00 horas e 21:45 horas 

As entradas están á venda en castelodesoutomaior.com e custan 8 euros por persoa.

Información xeral:

  • Esta visita comezará na porta principal do castelo. Diríxete ao persoal de seguridade e móstralle o código QR que aparece na túa entrada.
  • Debes presentarte 10 minutos antes da hora sinalada na entrada.
  • Os horarios son orientativos, xa que poden sufrir variacións.
  • Trátase dun percorrido con pouca luz.
  • A visita non está recomendada para persoas con problemas cardíacos nin menores de 14 anos.
  • Non se permite acceder con bebida nin comida.
  • Debes respectar en todo momento as normas indicadas para o bo desenvolvemento da actividade. A organización reserva o dereito a expulsar do recinto a toda persoa que non cumpra as normas establecidas.
  • A entrada non é reembolsable segundo a Ordenanza reguladora do uso, funcionamento e organización do castelo de Soutomaior, de 13 de novembro de 2018.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Castelo de Soutomaior

Rúa do Rial, s/n, 36691, Soutomaior

Está pasando!