This is a repeating event

Visitas teatralizadas de Samaín para familias no Castelo de Soutomaior

sáb05outConsultarVisitas teatralizadas de Samaín para familias no Castelo de SoutomaiorDeputación de Pontevedra(Consultar: sábado) Castelo de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Vive unha experiencia inesquecible en familia coas visitas teatralizadas programadas pola Deputación de Pontevedra durante o mes de outubro no Castelo de Soutomaior.

Unha aventura única nun auténtico castelo. Un percorrido cheo de misterio e diversión, onde personaxes encantadores te levarán a visitar os recunchos máis misteriosos e fascinantes desta maxestosa fortaleza.

Esta actividade, que combina sustos suaves, humor e un toque de misterio que lles encantará tanto a menores coma a persoas adultas, está deseñada para gozala en familia.

Durante 60 minutos acompañarás a Irina e o Barón nunha delirante e aterradora historia cun final máxico.



As visitas teatralizadas serán a cargo da compañía Troula Animación e baséanse na idea de que os asistentes o pasen ben pasándoo mal.

Esta actividad para público infantil e familiar, terá lugar todos os sábados e domingos do mes (os días 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de outubro) en tripla sesión, ás 12:00, ás 16:00 e as 17:30 horas, ademais do 1 de novembro ás 16:00 e ás 17:30 horas. 

As entradas están á venda en castelodesoutomaior.com e costan 8 euros por persoa.

Información xeral:

  • Esta visita comezará na porta principal do castelo. Diríxete ao persoal de seguridade e móstralle o código QR que aparece na túa entrada.
  • Debes presentarte 10 minutos antes da hora sinalada na entrada.
  • Os horarios son orientativos, xa que poden sufrir variacións.
  • O castelo non é accesible para carriños de bebés.
  • As e os menores de 14 anos deberán acudir cunha persoa adulta.
  • Non se permite acceder con bebida nin comida.
  • Debes respectar en todo momento as normas indicadas para o bo desenvolvemento da actividade. A organización reserva o dereito a expulsar do recinto a toda persoa que non cumpra as normas establecidas.
  • A entrada non é reembolsable segundo a Ordenanza reguladora do uso, funcionamento e organización do Castelo de Soutomaior, de 13 de novembro de 2018.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Castelo de Soutomaior

Rúa do Rial, s/n, 36691, Soutomaior

Está pasando!