XII Festa do Viño de Vilaboa

sáb10mai(mai 10)12:00dom11mai(mai 11)17:00XII Festa do Viño de Vilaboa IXP Ribeiras do Morrazo12:00 - 17:00 (11) Concello de Vilaboa - Vilaboa

Detalles do Evento

Serán 10 os stands que se instalarán na carpa que os días 10 e 11 de maio ofertará en Riomaior unha selección dos viños que se producen en Vilaboa tanto de xeito profesionalizado como de elaboración caseira.

As adegas Os Areeiros, Adega Ardán e Bodegas Costas de Exportación (de Moaña) pertencen á IXP Ribeiras do Morrazo e comercialízanse con esta etiqueta distintiva, que recoñece a calidade dos viños da zona.

En Vilaboa persiste a figura do colleiteiro local e boa parte deles ofrecen os seus viños nos coñecidos furanchos. É o caso de Elisa Ruibal García “Casa da Boullosa”; de Manuel Collazo Fernández; de Martín Torres González “Casa Cañoteira”; de Antonio Juncal de “Furancho Antonio” e de Furancho Jorge. Tamén comercializarán as súas producións na Festa do Viño Jesús Amoedo Leiro, “Casa da Torre” e Nilda Alvariña.



Unha completa selección das diferentes variedades colleitadas e elaboradas na contorna de Vilaboa a prezos populares nun marco idóneo para poñer en valor un dos produtos máis destacados da economía e transformar a súa promoción en dúas xornadas festivas nas que facer tertulia en bo ambiente, degustando un bo viño e unha tapa.

O evento, que naceu como unha reivindicación dos caldos locais e a tradición vitivinícola da zona, consolidouse como unha cita ineludible no calendario festivo de toda a provincia.

A programación arrincará o sábado 10 e continuará ata o domingo 11 de maio ao mediodía. As persoas asistentes poderán gozar de música en directo, coa actuación da charanga “A cabeza non para”, na sesión vermú e a Banda da Escola de Música de Vilaboa co cantante Antonio Barros o sábado pola noite, momento no que tamén actuará a charanga 112.

O domingo será a quenda da Sociedade Cultural Cobres e a súa banda de gaitas “Aires de Cobres”.

O pregón correrá a cargo dun veciño de Vilaboa, da parroquia de Paredes, Xan Lorenzo.

Hora

10 (Sábado) 12:00 - 11 (Domingo) 17:00

Localización

Concello de Vilaboa

Está pasando!