Demetrio Gómez e Guadi Galego | © Concello de Pontevedra

Guadi Galego, The Vacas, Sheila Patricia, Malvela e as humoristas Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro chegan a Pontevedra ‘Con voz de muller’ entre o 31 de xullo e o 4 de agosto

26 Xullo 2024

  • As súas actuacións terán lugar de mércores a domingo ás 22.30 horas na praza da Ferraría
  • Súmanse como novidade este ano, diversos pasarrúas deseñados e levados a cabo por mulleres da man de Troula, Brassica Rapa, Celme, Somdolilá e Bicoia

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, presentou esta mañá acompañado de Guadi Galego o ciclo ‘Con Voz de Muller’ que terá lugar entre o 31 de xuño e o 4 de agosto dentro da programación estival das Festas da Peregrina.

“Un dos ciclos do que máis orgullosos estamos dentro do programa de verán. Temos uhna cultura, temos un país e un mundo do espectáculo na Galiza que é quen de producir un festival de ten alta calidade coma este, con concertos e actuacións protagonizadas por mulleres. Temos con nós a Guadi que vén de esgotar as entradas no seu concertó de abril no Principal e tivemos moita demanda para tráela de novo porque moita xente quedou fóra e quería escoitala.”

Sobre as novidades – a incorporación de monólogo e os pasarrúas- Demetrio afirmou que “hai que ir mellorando sempre a programación. Este programa ten moita potencia pero penamos que podíamos demostrar aínda máis cos espectáculos de pasacalles, levando este ‘Con Voz de Muller’ a máis rúas de Pontevedra. O tema do monólogo é porque as mulleres na Galiza teñen moitísima potencia, non só as mulleres que se dedican á música e en anos sucesivos teremos que ver se aínda hai algún outro espectacáculo que se poida engadir. Estamos convencidas e convencidos de que vai ser un éxito.

Guadi, convidada na rolda e encargada de abrir o ciclo o vindeiro mércores 31 comentou sobre a súa actuación que “será unha adaptación do concerto do Principal pero adaptado a exteriores. Vimos con moita ilusión e moita gana. Temos unha lembraza moi potente do nosos paso pola Ferraría coa xira ‘Costuras’ e o público de Pontevedra é espectacular.

Por outra banda estou encantada de estar con estas compañeiras como The Vacas que son compañeiras da miña equipa, con Sheila Patricia e desde logo tamén con Malvela que representan un núcleo moi importante da sociedade do canto popular, unha señoras maiores que non se quedan na súa casa senón que queren seguir celebrando que levan 20 anos na música, que paga moito a pena velas coa ilusión que desprenden.



Guadi Galego regresa co seu espectáculo/xira ‘Síntese Horizonte’ que esgotou as localidades no seu paso polo Principal en abril, dentro da programación do ciclo ‘Resoan’.

The Vacas achega a súa última xira, ‘Rebobina Divas Live’. Neste novo espectáculo visten a escena e desempolvan as súas mellores roupas para a ocasión, rebobinando a memoria do tempo. É unha homenaxe a elas, aos profesores, ás divas do pop: Whitney, Celine, Monica, Britney, Beyoncé… mulleres que acompañaron momentos felices coas súas cancións, tantas horas de “guachinein” en voces entre irmás, co -obreiros, da vida e do amor.

Apostan por unha iluminación espectacular, por traxes brillantes, feitos a medida, que potencian a teatralidade, ademais de utilizar novos elementos escenográficos. Á música e ás bases electrónicas súmanse coreografías espectaculares co cu sentado no sofá. As letras, o seu selo de identidade, seguen na liña do seu compromiso co feminismo, o ecoloxismo, a poesía e o cunilingüismo. As harmonías de voces e guitarra marcan o carácter dun grupo que explota a enerxía xuvenil ata o extremo, invitando a gozar dunha fantasía divina.

A nota de humor vén da man de Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro nun monólogo ‘Sen Restricións.’ Ledicia Sola, Cármen Méndez e Marta Doviro son tres cómicas sen pelos na lingua que apostan por rirse de si mesmas, non tomar as cousas demasiado en serio e vivir nun estado permanente de euforia, taquicardias, risa e adrenalina. E todo isto con moito humor e un pouquiño de música. A fin de contas, non hai nada mellor no mundo que vivir “sen restricións”.

A pontevedresa Sheila Patricia retoma a actividade nos escenarios logo do parón motivado pola súa recente maternidade. Pontevedra é o seu regreso e nel poderemos gozar dos seus últimos lanzamentos como A nosa canción, adicada a súa filla e Movemento, o seu último sinxelo que chegou ás plataformas dixitais a principios de xuño e reivindica a liberdade de ser, bailar e amar como queiras.

O grupo de folk galego Malvela, nado en 2002, fará un percorrido pola súa carreira musical de máis de 20 anos.

Está pasando!