O Ateneo Santa Cecilia convoca o I Concurso de Debuxos do Enterro da Sardiña

18 Xaneiro 2021

Este ano, o 17 de febreiro, non se celebrará o Enterro da Sardiña en  Marín, como consecuencia da pandemia que estamos a sufrir e as medidas que temos a obriga de cumprir.

Con todo, e crendo que sempre hai alternativas, o Ateneo Santa Cecilia decidiu convocar o I Concurso de Debuxos do Enterro da Sardiña.

I CONCURSO DE DEBUXOS DO ENTERRO DA SARDIÑA DE MARÍN

1. Poden participar tódolos nenos e nenas que desexen ata os 12 anos, e empadroados no Concello de Marín.

2. A temática debe ser sobre o Enterro da Sardiña.

3. Será un debuxo que se entregará en man no local do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno, 42, baixo) cos seguintes datos: nome e apelidos, idade, teléfono de contacto.

4. O prazo de envío das obras remata o venres 12 de febreiro as 20:00 h.

5. Haberá dous premios en cada categoría:

  • CATEGORÍA A: de 3 a 5 anos.
  • CATEGORÍA B: de 6 a 8 anos.
  • CATEGORÍA C: de 9 a 12 anos.
  • 1º Premio: Diploma e vale-compra por valor de 50 € para gastar no comercio de Marín.
  • 2º Premio: Diploma e vale-compra por valor de 30 € para gastar no comercio de Marín.

6. O xurado estará formado por xente do mundo artístico e estará presidido por un membro da Xunta Directiva do Ateneo. Éste valorará a orixinalidade e o esforzo creativo de debuxo ou pintura, a adaptación técnica á idade do neno, así como a súa capacidade de transmisión do espírito do Enterro da Sardiña en Marín.

7. O xurado non valorará aqueles traballos que non cumpran as bases de este Concurso.

8. Os resultados faranse públicos e comunicaranse aos gañadores o mércores, 17 de febreiro, día do Enterro da Sardiña.

9. A entrega de diplomas e premios realizarase no local do Ateneo Santa Cecilia (R/ Forno, 42), na semana seguinte, avisando coa debida antelación aos premiados/as. Cada premiado/a poderá vir acompañado por unha persoa, o uso de máscara é obrigatorio.

10. Realizarase una exposición con todos os debuxos que recibamos no Ateneo Santa Cecilia, do 18 ao 28 de febreiro.

Cartaz Concurso

Está pasando!