O Concello da Guarda lanza a segunda edición dos obradoiros de autocoidado para mulleres ‘quérome, cóidome’

24 Xaneiro 2023

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller, vén de lanzar a segunda edición dos obradoiros de autocoidado para mulleres ‘quérome, cóidome’.

Os obradoiros desta segunda edición están pensados para aprender a querernos e coidarnos, sentirnos mellor, traballar e aumentar a nosa autoestima e compartir experiencias.

Os obradoiros, destinados a mulleres maiores de 55 anos, realizaranse todos os martes entre o 7 de febreiro e o 18 de abril en dúas parroquias da vila guardesa, na Gándara en horario de 16:00 a 17:30 horas e en Camposancos en horario de 18:00 a 19:30 horas.

Máis información e inscricións no CIM da Guarda, no teléfono 986 61 46 48 ou en muller@aguarda.es

Está pasando!