O Concello de Nigrán ofrece o 2 e 3 de xullo ‘Ars Canendi’, o seu I Certame Internacional de música coral

18 Xuño 2022

  • O evento estaba previsto para o ano 2020 pero tivo que ser aplazado pola pandemia
  • O prazo de inscrición permanece aberto ata o 23 de maio, dispondo todas as formacións interesadas da información completa na web www.nigran.es

O primeiro certame internacional de coros que se celebra en Galicia e que repartirá un total de 6.500 euros en premios.

O concurso terá lugar os días 2 e 3 de xullo no Templo Votivo do Mar de Panxón e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 23 de maio, dispondo todas as formacións interesadas da información completa en nigran.es

O grupo gañador recibirá 3.000 euros, o segundo 2.000, o terceiro 1.000 e haberá un premio de 500 á mellor interpretación dunha obra composta para a ocasión, ‘Ave Maris Stella’, de Javier Fajardo.

Está pasando!