Actuación de Máis Cantos | © Concello de Poio

O Concello de Poio programa un concerto de Máis Cantos, este sábado na Praza de Liñares

22 Xullo 2024

A concelleira de Cultura, Natalia Sabarís, sinala que o obxectivo é organizar e programar actividades itinerantes por diferentes lugares do municipio


Máis Cantos dará un concerto este sábado, 27 de xullo, na Praza de Liñares, organizado polo Concello de Poio. A partir das 19.30 horas e con entrada gratuíta, o grupo interpretará varias cancións do seu repertorio dando, ademais, cumprimento a unha das súas ilusións, que é actuar na casa, xa que algúns dos integrantes deste grupo viven neste lugar.


Actuación de Máis Cantos | © Concello de Poio

Máis Cantos é unha iniciativa musical e cultural destinada a transmitir, fomentar e vivir o canto tradicional, popular e cantos de taberna a todo tipo de públicos. Creada e dirixida por Nelson Quinteiro, organiza, ao longo de todo o ano, actividades de lecer e experiencias arredor da música, o ritmo e o canto.

A concelleira de Cultura, Natalia Sabarís, sinala que o obxectivo é organizar e programar actividades itinerantes por diferentes lugares do municipio. Así, recorda que a organización dos concertos da Escola de Acordeóns durante as festas de San Xoán nesta praza foi un éxito de público, e confía en que este sábado a música e o bo ambiente volvan á Praza de Liñares.

Está pasando!