Visita ao xacemento de A Lanzada | © Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo convocará un concurso de ideas para recuperar e potenciar a contorna de A Lanzada

14 Maio 2024

A Deputación de Pontevedra solicitará á Xunta que se declare BIC o xacemento, proxecta novas excavacións e invertirá 400.000 euros na mellora do espazo


O Concello de Sanxenxo convocará un concurso de ideas para recuperar e potenciar a contorna de A Lanzada. O alcalde, Telmo Martín, acompañado do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; o vicepresidente, Rafael Domínguez, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitaron esta mañá a zona do xacemento de A Lanzada. No percorrido tamén estivo o arqueólogo provincial, Rafael Rodríguez, e varios membros do goberno local. Un espazo no que o organismo provincial prevé a inversión de preto de 400.000 euros.


Visita ao xacemento de A Lanzada | © Concello de Sanxenxo

“Somos un destino de primeira e temos o noso plan baseado na sustentabilidade cun faro que guiará a nosa folla de ruta e a estratexia turística”, asegurou López e anunciou unha inversión “de case 400.000 euros no xacemento e na contorna da ermita da Lanzada”. Así se realizarán tarefas de mantemento e limpeza e ampliarase a zona de escavación cara ao leste e o norte. Ademais, tamén se realizará unha prospección geofísica na contorna da ermida e se musealizará toda a contorna. “A maiores solicitaremos a Patrimonio a ampliación da catalogación do BIC, agora xa o son a capela e a torre, para a necrópole ata a carretera porque recuperar a nosa historia é tamén unha experiencia Rías Baixas”, explicou.

Pola súa banda, o alcalde Telmo Martín sinalou que “nos atopamos na xoia da coroa do municipio, onde está parte da historia de Galicia e queremos recuperar esta contorna, renaturalizar o espazo e poñelo en valor”. Na mesma liña, incidiu en que “A Lanzada é xa un dos lugares máis visitados do noso municipio e queremos miarla e coidala”. Para iso, o Concello realizará un concurso de ideas no que estarán representados distintos técnicos como paisaxistas, arqueólogos e arquitectos “que nos propoñerán a mellor forma de facelo”.

Está pasando!