O flamenco de Rocío Pozo chega a Vigo con ‘Luna’, unha homenaxe a Federico García Lorca

17 Marzo 2025

Tras deslumbrar ao público en cada unha das súas representacións, a Compañía de Danza Flamenca Rocío Pozo chega ao Auditorio Mar de Vigo o sábado 5 de abril con ‘Luna’, unha experiencia única que rende homenaxe ao xenio Federico García Lorca.

Este espectáculo leva ao escenario a fascinación do poeta pola Luna, ese símbolo que venerou, temeu e converteu no centro da súa obra e do seu destino.

‘Luna’ é moito máis que unha homenaxe: é unha experiencia sensorial onde o flamenco, a danza teatral e a poesía de Lorca entrelázanse para emocionar e conectar co público.

Adéntrate na intensidade da súa poesía e a súa prosa. Déixate levar pola paixón do flamenco. E vive a maxia do espectáculo a través do baile, o piano, a guitarra, e a voz.

Entradas anticipadas á venda dende 25 euros en teuticket.com



Sinopse

Baixo o feitizo da Lúa que Lorca venerou e temeu, xorde o espectáculo ‘Luna’, unha danza teatral que celebra a íntima conexión do poeta co satélite nocturno e a escura danza da morte.

Exploramos a obsesión de Lorca pola Lúa, personificándoa como a bailarina da morte nun baile sedutor e apaixonado que atrae cara a si as historias máis profundas e tráxicas. Desde os versos do ‘Romance de la luna, luna’ ata as múltiples reflexións do poeta, a Lúa é testemuña e cómplice das súas paixóns e temores.

Nesta viaxe polos misterios lunares, mergullaraste na música de Falla e Granados, acompañados pola interpretación de José Antonio González, recitando prosa lorquiana, a cativadora voz de Marta Bolaños e a danza flamenca de Rocío Pozo xunto a Cristina Rivero.

A melodía do piano de Oliver Curbelo, a guitarra de Yuniel Rascón e a percusión de Samuel Medina crearán a atmosfera perfecta para acompañar ao poeta no seu queixume nocturno.

Está pasando!