Lago de Castiñeiras | © Atlantis Comunicación

O Rotary Club de Pontevedra organiza unha andaina solidaria polo Lago de Castiñeiras

20 Novembro 2024

O sábado 23 de novembro levarase a cabo unha andaina solidaria organizada polo Rotary Club de Pontevedra, co fin de apoiar aos damnificados pola DANA de Valencia.

O roteiro, cun percorrido de 7,42 km. comezará ás 10:15 horas, gozando das vistas que ofrece o Lago, a Mámoa do Rei e os petróglifos de Pepito Meijón.

O punto de encontro e saída será o Lago de Castiñeiras. As inscricións faranse en rotaryclubpontevedra@gmail.com


Está pasando!