Participante no Desfile de Entroido en Poio 2024 | Concello de Poio

Poio abre o prazo para inscribirse no Desfile de Entroido, que se celebra o domingo 2 de marzo

7 Febreiro 2025

Poio abriu o prazo para inscribirse no Desfile de Entroido, que se celebra o domingo 2 de marzo entre a Biblioteca Municipal e a Praza da Granxa, en Campelo.

Repartirá 4.820 euros en premios, nas categorías individual, parella ou grupo, tanto en infantil (ata 14 anos) como adultos (desde os 15 anos). No caso dos grupos, terán como mínimo tres participantes que deberán gardar unha unidade temática; poderán ir acompañados de carroza ou plataforma móbil.

Ata o 21 de febreiro, os grupos deberanse inscribir a través da sede electrónica do concello, mentres que no caso da inscrición individual ou en parellas pódese facer tamén no rexistro xeral do Concello de Poio, entre as 8:30 e as 14:00 horas ou, só nestas dúas categorías, facer a inscrición o mesmo día do desfile, entre as 9.30 e as 11.00 horas nas inmediacións da Biblioteca Municipal.

Xunto coa solicitude de inscrición deberase acompañar a seguinte documentación: copia do DNI do/da participarte no desfile e do/da seu titor/a ou representante legal, no caso de menores de idade. No caso de asociacións, copia do CIF da entidade e do DNI da persoa representante.

Toda a información, bases e folla de inscrición en concellopoio.gal

Está pasando!