Participantes no Desfile de Entroido 2024 de Ribadumia | Concello de Ribadumia

Ribadumia convoca a segunda edición do Concurso e Desfile de disfraces e carrozas infantís

11 Febreiro 2025

  • O evento terá lugar o 3 de marzo, a partir das 16:30 horas, partindo dende a Casa de Cultura ata a Carballeira de Barrantes
  • As persoas interesadas poderán inscribirse a través da sede electrónica ou de maneira presencial na Casa Consistorial ata o propio día do desfile, agás as comparsas e carrozas que deberán facelo antes do 24 de febreiro

O Concello de Ribadumia convoca a segunda edición do Concurso e Desfile de disfraces e carrozas infantís de Entroido, que terá lugar o luns 3 de marzo de 2025. Este evento, xa consolidado como unha das citas destacadas do Entroido local, pretende fomentar a creatividade e o espírito festivo entre os máis pequenos e as súas familias, enchendo a localidade de ledicia, cor e música.

O desfile dará comezo ás 16:30 horas na Casa de Cultura de Ribadumia e percorrerá as rúas do municipio ata chegar á Carballeira de Barrantes, onde se celebrará posteriormente a entrega de premios.

Ademais, para que os pequenos e pequenas ribadumienses gocen dunha tarde para o recordo, tras a finalización do evento terá lugar un espectáculo de animación infantil a cargo de Javi Solla.



As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través da sede electrónica do Concello ou de maneira presencial nas oficinas municipais de luns a venres en horario de 08:00 a 15:00 horas.

As inscricións permanecerán abertas ata o mesmo día do desfile, 3 de marzo, ás 15:00 horas, agás no caso das comparsas e carrozas, que deberán anotarse antes do 24 de febreiro.

As categorías e premios son os seguintes:

Individual Infantil:
• 1º premio: 100,00€
• 2º premio: 75,00€
• 3º premio: 50,00€

Parellas Infantís:
• 1º premio: 150,00€
• 2º premio: 100,00€
• 3º premio: 75,00€

Grupos de máis de 3 persoas:
• 1º premio: 200,00€
• 2º premio: 150,00€
• 3º premio: 100,00€

Carrozas de 3 a 20 persoas:
• 1º premio: 300,00€
• 2º premio: 200,00€
• 3º premio: 150,00€

Carrozas de máis de 20 persoas:
• 1º premio: 400,00€
• 2º premio: 300,00€
• 3º premio: 200,00€

Nas categorías de grupos e carrozas, polo menos o 50% dos integrantes deberán ser menores de 16 anos.

O xurado do concurso terá en conta criterios como a animación, espectacularidade, orixinalidade, espontaneidade, conxunción e animación musical.

Desde o Concello de Ribadumia convidan a todas as familias, centros educativos e asociacións a participar neste evento festivo. Será unha oportunidade única para gozar do Entroido con creatividade e diversión.

Está pasando!