Presentación do Verán Cultural 2024 | © Concello de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño presenta a programación do Verán Cultural 2024

17 Xullo 2024

Dende o 27 de xullo e ata o 7 de setembro o público poderá desfrutar dunha programación variada coas festas máis esperadas e novidades


O Concello de Salvaterra de Miño presenta o Verán Cultural 2024, unha programación dirixida a todo o público dende máis maiores ata os máis pequenos e pequenas que contan coma sempre cun apartado especial.

O inicio da programación máis esperada do ano terá lugar o 27 de xullo co concerto de Carlos Núñez que volve un ano máis a Salvaterra de Miño dentro da súa xira “Lugares Máxicos”. As entradas están á venda no Museo da Ciencia do Viño e na web ataquilla.com

Dentro do calendario para o verán non podían faltar festas tan importantes e destacadas como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque; que continúan crecendo en público ano tras ano e que son un atractivo dentro e fora de Salvaterra.

A Festa do Viño do Condado do Tea chega a súa sesaxésima quinta edición onde destacan as catas populares, o Túnel do Viño, a gastronomía e os concertos con nomes destacados como Luar na Lubre, De Vacas ou Roi Casal.



Nos próximos días chegará as casas toda a programación detallada do Verán Cultural de Salvaterra de Miño pero xa adiantamos aquí as datas:

  • Sábado 27 xullo: Concerto “Carlos Núñez”
  • Luns 29 xullo: Festa da Espuma e Animación musical
  • Mércores 31 xullo: Festa Inchables de Auga
  • Xoves 1 agosto: Baile Moderno
  • Venres 2 de agosto: Festival Folclórico A.C. Pontenova
  • Sábado 3 agosto: O Son da Muralla
  • Luns 5 agosto: O Mundo a Danzar
  • Mércores 7 agosto: Concerto da Orquestra Clásica de Vigo
  • Xoves 8 agosto: Concerto de Corais de Salvaterra e Banda de Música de Salvaterra
  • Venres 9 e sábado 10 agosto: Festa de San Lourenzo
  • Sábado 10 agosto: Imos de Guateque
  • Luns 12 agosto: Cine Infantil
  • Martes 13 agosto: Cine Infantil
  • Mércores 14 agosto: Desfile de Moda
  • Venres 30 agosto: Encontro de bandas
  • Sábado 7 setembro: ‘Tempo atrás’ de Dramiño

A programación os días 23, 24 e 25 de agosto coa LXV Festa do Viño do Condado do Tea será a seguinte:

  • Venres 23 agosto: Inauguración e concertos de Roi Casal, D’Crooners e Momboi
  • Sábado 24 agosto: Concertos de Luar na Lubre, De Vacas e Club Naval
  • Domingo 25 agosto: Concertos de Lenha Verde, Black Lovers e Somoza Trío
Está pasando!