Sanxenxo acolle esta fin de semana o XLII Campionato de España de Pesca Submarina e o X Open de Veteranos

8 Outubro 2024

Sanxenxo acolle os próximos 11 e 12 de outubro o XLII Campionato de España de Pesca Submarina e o X Open de Veteranos, organizados polo Club Subacuático Sotavento en colaboración co Concello de Sanxenxo e a Federación Galega de Pesca.

No campionato de España participarán un total de 25 equipos, formados por tres integrantes cada un, e no open de veteranos, de máis de 50 anos, serán 5 equipos. Entre os deportistas participantes no campionato de España atópanse tres veciños do municipio como Jacobo García, campión mundial de pesca submarina en 2023, Manuel Paredes e Jesús Míguez.

A zona de pesca habilitada para o campionato será desde Area de Bon ata o porto de Aguete e a saída realizarase o sábado a as 09:00 horas desde o porto de Sanxenxo. Todas as especies capturadas, nas que se descartan os cefalópodos, destinaranse ao Banco de Alimentos de Pontevedra e deberán estar na zona de pesada na Praza do Mar ás 14:00 horas.


Está pasando!