“Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra”

25 Xullo 2020

Como todos os anos a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, presenta a programación que ofrece o Concello de Salvaterra aos seus veciños e veciñas para o verán, baixo o lema “Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra”

Un ano diferente pero seguro, onde o compromiso coa cultura non podía faltar, aínda que sexa adaptado a nova situación que estamos a vivir. Ademais será unha maneira de lecer diferente que faga un pouco máis amenos estes días de verán, e aínda que as festas principais terán que esperar ao 2021, este ano non podemos esquecer a Festa do Viño, que marcará un antes e un despois nunha das festas máis antigas do noso concello.

Achegámonos ao mes de agosto e con el comeza a programación do Verán Cultural. Dende o Concello trabállase para ofrecer unha programación variada e con todas as seguridades na nova normalidade, unha programación feita e pensada para gozar en familia. Cinema, teatro e música terán ou seu espazo, utilizando como espazo central a Praza do Concello, ubicación que permite delimitar e ter un control estricto de aforo. Ademáis como medidas de seguridade pídese asistir cunha hora de antelación para aplicar as medidas do protocolo, desinfección de mans, ocupar as cadeiras asignadas, acudir con masacrilla e os nenos e nenas sempre estarán acompañados dun adulto.

A programación iniciarase o martes 11 de Agosto con Cinema infantil: A GALIÑA TURULECA ás 22:00 h. na Praza do Concello.

O mércores 12 de agosto con outra divertida película, Cinema familiar: CORGI, AS MASCOTAS DA RAÍÑA ás 22:00 h. na Praza do Concello.

O xoves 13 de agosto poderemos gozar de Teatro familiar: ANDARAVÍA (BRINCA CONTOS), ás 22:00 h. na praza do Concello.

Finalmente o venres 14 de agosto outra obra divertidísima co Teatro comedia FONTEVELLA (BALNEARIO A CONDESIÑA), ás 22:00 h. na praza do Concello.

De seguido outra semana cargada de entretemento, o martes 18 de agosto: Cinema comedia: PERDENDO O LESTE, ás 22:00 h. na Praza do Concello.

Mércores 19 agosto: Cinema familiar: O NENO QUE PUIDO SER REI, ás 22:00 h. na Praza do Concello.

O xoves 20 agosto: Teatro familiar: LOHEMGRIN (A MIRADA DAS BOLBORETAS), ás 22:00 h. na praza do Concello.

Venres 21 agosto, Teatro comedia: ATEQUERRETÉ (O ENREDO), ás 22:00 h. na praza do Concello.

Entramos na última fin de semana de agosto e nos preámbulos dá LXI FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA, que sen dúbida marcará o punto de inflexión deste Verán Cultural:

Venres 28, sábado 29 e domingo 30 de agosto, que conmemorara esta celebración dun modo totalmente diferente, a través dun túnel do Viño que se realizará no Museo da Ciencia do Viño coas máximas garantías e protocolos durante os tres días de celebración. Ademáis realizarase a Cata a procura dos viños deliciosos do ano a porta pechada na Casa do Viño o sábado 29 de agosto. Ese mesmo sábado celebrarase na Praza do Concello o xa tradicional Concerto Festa do Viño, que este ano estará a cargo de XOCALOMA.

Os actos poden ser suspendidos por motivos meteololóxicos ou segundo os cambios evolutivos da Covid 19.

+info. en concellodesalvaterra.com


 

Está pasando!