Volven as “Depo andainas”

14 Xullo 2020

A Deputación de Pontevedra promove, a través do programa “Depo andainas”, unha serie de camiñadas destinadas á poboación en xeral que discorren polos puntos máis emblemáticos da provincia. Son máis ca rutas de sendeirismo, son unha forma de vivir e coñecer os lugares máis espectaculares da provincia de Pontevedra, coñecendo as localidades e as súas xentes a través dos ríos e os bosques.

“Depo andainas” é un programa gratuíto que oferta a Deputación de Pontevedra, que consta dunha serie de rutas nas que as e os participantes sentirán a natureza mentres camiña polos sendeiros.

Quen pode participar?

Está dirixido ás persoas que gocen coñecendo o contorno natural e cultural polas sendas e camiños da nosa provincia; as “Depo andainas” abren a posibilidade de viaxar doutra maneira nunha aposta pola actividade física como forma de vida para coñecer e descubrir a variedade patrimonial da nosa provincia.

Nel poden participar persoas, grupos de amigas e amigos ou familias de calquera idade que se consideren aptas para levar a cabo a actividade.

Número de andainas e prazas

O programa ofrece 3 saídas. Para cada día ofértase un máximo de 200 prazas.

Proximamente poderás consultar os itinerarios e as súas características a través da web www.depo.gal

Formalización da inscrición

As e os participantes poderán inscribirse a través de www.depo.gal a partir do día designado para tal efecto pola Deputación e ata completar o límite de prazas.

Ofertaranse un total de 200 prazas. Aquelas persoas que se apunten con posterioridade (ata un máximo de 100) pasarán á lista de agarda. O prazo de inscrición rematará o luns anterior á realización da andaina ás 12 horas.

No caso de non poder asistir á andaina na que estea inscrita ou inscrito deberá comunicarllo ao Servizo de Deportes antes do peche de inscricións, o luns anterior á realización da andaina ás 12 horas, enviando un correo electrónico co nome e o DNI a deportes@depo.gal; deste xeito pasará a ocupar a súa praza unha persoa da lista de agarda. A partir dese día as persoas que renuncien ou non asistan á andaina serán sancionadas e quedarán automaticamente excluídas do resto de andainas.

Ás persoas participantes confirmaráselles a asistencia a través de www.depo.gal, coa publicación da lista definitiva, e vía SMS, co programa “Depo Informa” da Deputación.

Funcionamento do programa

Elixe unha das nosas rutas, ata ben os cordóns e apúntate!

As e os participantes deberán desprazarse ao punto de partida da ruta, onde se lles asignará un monitor e un grupo (serán reducidos, máx. 25 persoas).

Rutas dos muíños da Fraga (Concello de Moaña)

  • Data de realización: domingo 09 de agosto
  • Apertura de inscricións: luns 20 de xullo
  • Peche de inscricións: luns 03 de agosto

Fervenza de Callobre (Concello da Estrada)

  • Data de realización: domingo 30 de agosto
  • Apertura de inscricións: luns 10 de agosto
  • Peche de inscricións: luns 24 de agosto

Sendeiros das Fragas elevadas dos ríos Calvo e Deva (Concello da Cañiza)

  • Data de realización: domingo 20 de setembro
  • Apertura de inscricións: luns 31 de agosto
  • Peche de inscricións: luns 14 de setembro
Está pasando!