Salón da oferta de educación e formación de Galicia ‘Edugal’ | © Edugal

A 12ª edición do Salón da oferta de educación e formación de Galicia ‘Edugal’, terá lugar durante os días 4, 5 e 6 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra

2 Outubro 2023

O Recinto Feiral de Pontevedra acollerá a os días 4, 5 e 6 de ocutubro a 12ª edición do Salón da oferta de educación e formación de Galicia ‘Edugal’.

‘Edugal’ é o punto de encontro de alumnado e estudantes potenciais, en especial estudantes que estean finalizando a ESO, Bacharelato ou Ciclos formativos. Profesionais do ensino: profesores, mestres, etc. Centros educativos: universidades, facultades, escolas, institutos, escolas de formación profesional, etc. Formadores para o emprego: orientadores, recursos humanos, consultores, formación continua empresas, etc. Empresas do sector. Público xeral interesado en charlas formativas e información sobre formación e emprego.



Un público potencial de máis de 10.000 personas, tendo en conta os mozos que comezarán estudos superiores ou profesionais e aqueles profesionais en situación de desemprego.

O Salón da oferta de educación e formación de Galicia ‘Edugal’, organizado por Aempe e o Concello de Pontevedra, pretende posicionarse como o salón educativo de referencia en Galicia, tratando de dar resposta as necesidades de información sobre a oferta formativa e orientación educativa de estudantes, centros, profesionais da educación e familias.

Horario do certame:

  • Mércores e xoves: 10.00 a 18.00 horas
  • Venres: 10.00 a 15.00 horas

A entrada é libre e gratuita.


Está pasando!