O Mago Teto presenta ‘A maxia dos contos' en Sanxenxo

ven02outConsultarO Mago Teto presenta ‘A maxia dos contos' en SanxenxoRede de Bibliotecas de Sanxenxo(Consultar: venres) Concello de Sanxenxo - Sanxenxo

Detalles do Evento

A Concellaría de Educación de Sanxenxo ten programada unha ampla axenda de actividades nas bibliotecas municipais. Os centros de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga acollerán durante as próximas semanas unha serie de propostas gratuítas que combinan teatro, ilusionismo, ciencia e a educación en valores.

A programación arrincará o mércores 30 de setembro na Biblioteca de Sanxenxo coa proposta Juste Kamishibai. Papel e teatro. Baixo o lema ‘Non hai cousas de neno e cousas de meniña. Só de persoas’, este espectáculo ofrecerá unha selección de contos enfocados en educar en igualdade e diversidade.

O venres 2 de outubro, na Biblioteca de Portonovo, o Mago Teto presentará ‘A maxia dos contos‘, un espectáculo que fusiona a narrativa de historias tradicionais co ilusionismo. Uns días máis tarde, o martes 6 de outubro, a compañía Teatro Ghazafelhos poñerá en escena ‘A máquina do tempo’, unha viaxe teatralizada que percorrerá de forma lúdica a historia das civilizacións.

O mércores 14 de outubro, na Biblioteca de Sanxenxo, será a quenda de Diversa Teatro con ‘Os experimentos de Frankie Stein’, unha función interactiva que mestura teatro, humor e divulgación científica para atrapar a atención do público infantil.

A programación completarase o mércores 21 de outubro na Biblioteca de Vilalonga, cunha actividade especialmente dirixida a bebés, cuxos detalles horarios e de inscrición confirmaranse nos próximos días.

Con esta iniciativa, a Rede de Bibliotecas de Sanxenxo reafirma o seu compromiso como espazo de encontro cultural, lecer educativo e fomento da lectura entre os veciños e veciñas máis novas do municipio.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Sanxenxo

Está pasando!