Presentación do 12º Sete Falares | © Concello de Pontevedra

A 12ª edición de Sete Falares, trae a Pontevedra contadores e contadoras de historias chegados de Arxentina, Portugal, Galicia, Canarias ou Castela León

20 Maio 2024

  • Rodolfo Castro, Cris de Caldas, Dois dos Montes: Vítor Fernandes e Estefânia Surreira, Ernesto Abad e Cándido Pazó completa o programa do evento que terá lugar do 2 ao 8 de xuño
  • O Teatro Principal, as Ruínas de San Domingos e o CITA serán os escenarios aos que se suma por primeria vez o Parador de Pontevedra – Casa do Barón
  • Esta mañá estará á venda en Ataquilla.com o espectáculo de clausura do domingo 8 de xuño ás 21:00 horas, que reunirá gran parte dos contadoras e contadores dos que o público poderá gozar toda a semana. O prezo é de 8 euros (4 euros para estudantes, persoas desempregadas e maiores de 65 anos)
  • O espectáculo inaugural xa anunciado, ‘Tres vellas na romaría” protagonizado por Celso Fernández Sanmartín, Quico Cadaval e Guti o domingo 2 ás 20:00 horas no Principal ten boa parte das localidades vendidas
  • O resto das contadas serán con entrada de balde e libre ata completar cabida, a excepción das 4 quendas da Rota de Historias do día 7 que precisan retirada previa de convite na billeteira do Principal a partir das 20.30 horas do propio venres


O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez presentaba esta mañá a que será a 12ª edición do Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares. “Un proxecto que funciona en Pontevedra desde 2012 – só interrompido pola pandemia – grazas a Pavís Pavós que son un luxo que temos na cidade.

Sería imposible un festival deste tipo sen a súa paixón e os seus coñecementos do mundo dos narradores e narradoras. Teremos entre o 2 e o 8 de xuño unha semana cargada de contos e historias. Como novidade este ano temos 4 espazos: o Teatro Principal, as Ruínas de San Domingos, o CITA e o Parador de Turismo. Así que temos que agradecer tamén a colaboración ao Parador é a Deputación de Pontevedra.

Serán sete días seguidos de narración oral que podedes consultar en setefalares.eu.

A outra novidade son os espectáculos de pago, a inauguración que xa presentamos a semana pasada e leva boa parte das entradas vendidas e a clausura que estará dispoñible en Ataquilla.com ambos a un prezo de 8 euros (4 euros para estudantes, desempregados e maiores de 65 anos)”.



En representación de Pavís Pavós, coordinador da programación, foi Xacobe Rodríguez o encargado de debullar un completo programa para unha nova edición desta iniciativa que “estará nos lugares que comentou Demetrio e outros, xa que hai unha parte na que os grupos de xente van ir descubrindo lugares emblemáticos nos cales se contarán historias. Todas as historias que se contan en Sete Falares son contos e historias para adultos como foi sempre tracicionalmente. Todos temos na cabeza os contos arredor do lume, os contos na lareira, arredor da cociña de leña na que os máis vellos contaban historias para os adultos e as crianzas escoitaban o que podían. Para nós é moi importante esto, a recollida da tradición oral, unha sociedade que conserva a súa tradición oral, as súas historias conserva a súa memoria. As historias forman parte do que sería o noso imaxinario colectivo que é o que nos fai ter unha configuración como sociedade, como pobo.

Euskadi, Cantabria, Guadalajara, Zamora, Canarias, Brasil, Cabo Verde, Inglaterra, Italia, Uruguay, Colombia, Camerún, Marrocos, Francia, etc. son algún dos lugares dos que levan vindo preto de 100 contadores de historias desde o ano 2012 a Pontevedra, a contar historias da súa tradición e os seus países ao Festival Sete Falares. Vemos con orgullo como independentemente do idioma e da orixe do narrador, enchemos as sesións sen ningún problema”, salientaba Xacobe.




Así, a programación da 12ª edición do Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares é a seguinte:

Domingo 2 xuño

  • 20:00 h. Inauguración no Teatro Principal. ‘Tres vellas na romaría’ (Celso Fernández, José Luís Gutiérrez “Guti” e Quico Cadaval). Entradas a 8 euros en Ataquilla.com

Segunda feira 3 xuño

  • 20:00 h. Ruínas de San Domingos. Atenea García (Galiza)

Terza feira 4 xuño

  • 20:00 h. Ruínas de San Domingos. Dani Blanco (Galiza)

Cuarta feira 5 xuño

  • 20:00 h. Ruínas de San Domingos. Cándido Pazó (Galiza)

Quinta feira 6 xuño

  • 20:00 h. Teatro Principal. Tres eran tres…: Dois dos Montes: Vítor Fernandes e Estefânia Surreira (Portugal) e Rodolfo Castro (Arxentina)
  • 22:00 h. Ruínas de San Domingos. De dous en dous: Ernesto Abad (Canarias) e Cándido Pazó (Galiza)

Sexta feira 7 xuño

  • 18:00 h. CITA. Ernesto Abad (Canarias)
  • 21:00, 21:20, 21:40 e 22:00 h. Rota de historias por Pontevedra: En 4 grupos de 50 persoas ás horas sinaladas, percorreremos puntos emblemáticos da cidade mentres escoitamos historias. Gozaremos coas historias de Pavís Pavós, Rodolfo Castro, Cris de Caldas, Dois dos Montes: Vítor Fernandes e Estefânia Surreira, Ernesto Abad e Cándido Pazó. As invitacións poderán recollerse na billeteira do Teatro Principal de Pontevedra desde as 20:30 horas para calquera das funcións

Sábado 8 xuño

  • 13:00 h. Parador de Turismo: Casa do Barón. Contos no Parador con Rodolfo Castro
  • 18:00 h. CITA. Os dois dos montes: Vítor Fernandes e Estefânia Surreira
  • 21:00 h. Teatro Principal. Gala de Clausura con: Cris de Caldas, Dois dos Montes: Vítor Fernandes e Estefânia Surreira, Rodolfo Castro, Ernesto Abad e Cándido Pazó. Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8 euros
Está pasando!