A Asociación Mulleres Rurais de Castrelo ‘As Saiñas’ organiza a VII Andaina Saudable e Solidaria 2023

21 Abril 2023

Un ano mais, a Asociación Mulleres Rurais de Castrelo ‘As Saiñas’ de Castrelo-Cambados, organiza a VII Andaina Saudable e Solidaria 2023, este ano, dirixindo os seus esforzos cara a unha nova causa, a Fundación Andrea, de Santiago de Compostela (axuda a nenos con enfermidades de larga duración, crónicas ou termináis) acompañados de Amaya Castro, directora da Fundación.

É unha andaina de libre acceso para todos os públicos, completamente gratuíta, na entrega do dorsal, disporase dun peto onde se poderán facer doacións que serán entregadas na súa totalidade á Fundación Andrea; ao finalizar a camiñata, cada participante será agraciado cunha froita e unha botella de agua.

O evento celebrarase o próximo luns, 1 de maio, festivo nacional, as 17:00 horas no Campo de Fútbol Beiramar, Castrelo-Cambados e contará coa presenza da actriz e presentadora  galega Isabel Blanco, que será a madriña do evento.

Trala andaina de aproximadamente 9 km, continuarase cunha xornada de esparcemento, haberá varios sorteos, inchables para a cativada, photocall, contarase coa Cantina do C.F. Veteranos de Castrelo, todo isto presentado e amenizado polo recoñecido Dj Javi Solla.


Está pasando!