Fátima Pego será a pregoeira da XXVI Festa do Lacón con Grelos | Concello de Cuntis

A cantante Fátima Pego será a pregoeira da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis

7 Febreiro 2025

O Concello de Cuntis anunciou que a cantante e comunicadora galega Fátima Pego será a pregoeira da XXVI Festa do Lacón con Grelos, que se celebrará o 9 de marzo.

Unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia, na que poderemos degustar o mellor lacón con grelos e disfrutar dun amplo programa de actividades.

A xornada do domingo comezará ás 11.00 horas co pasacalles da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis e coa apertura da feira de artesanía e de produtos agroalimentarios.

Seguidamente celebrarase unha nova edición da mostra ‘A camelia no lacón con grelos’, unha exposición que combina a beleza das camelias coa tradición gastronómica do lacón con grelos. Tamén estarán abertas na Casa da Cultura a mostra de encaixe a cargo das Palilleiras “O lacón con grelo” e unha mostra de cerámica de Castrolandín.



As actividades continuarán cunha mostra de entroido tradicional, onde os asistentes poderán gozar da riqueza e diversidade do entroido galego.

Ao mediodía, chegará o momento máis esperado: o pregón de Fátima Pego, que marcará o inicio oficial da festa.

Ao longo da mañá e durante a comida, unha charanga poñerá a nota musical e festiva á celebración. Xa pola tarde, haberá un espectáculo infantil e atraccións para os máis pequenos, e ás 18.30 horas, unha actuación musical para todos os públicos.

A festa finalizará co Velorio do Chapante e o seu posterior enterro, unha tradición ancestral que simboliza o fin do Entroido e o inicio da coresma no municipio termal.


CARTEL DA XXVI FESTA DO LACÓN CON GRELOS

Este año el cartel fue diseñado gratuitamente por Víctor Galdo, Agente TIC del aula CeMIT, perteneciente al propio Concello de Cuntis.

Por primera vez se hace uso de la inteligencia artificial para su diseño y presenta un cerdo antropomorfo como protagonista, vestido con un elegante traje y un sombrero, lo que le confiere un aire festivo y un toque de humor.

El cartel es una representación gráfica fiel de la esencia de esta celebración, combinando tradición, gastronomía y humor de forma armoniosa.

Está pasando!