Exposición ‘Á violencia de xénero… Dille NON! | © Concello de Ribadumia

A exposición ‘Á violencia de xénero… Dille NON!’ chega ao Auditorio de Ribadumia

22 Novembro 2024

O obxectivo da exposición é axudar a todas as persoas que a visiten, especialmente á rapazada, a identificar as conductas tóxicas na parella


O Concello de Ribadumia continúa coa súa programación polo 25N – Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres cunha nova mostra cultural, a exposición ‘Á violencia de xénero… Dille NON!, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

A mostra estará aberta ao público ata o 4 de decembro para que todos aqueles e aquelas que así o desexen poidan visitala.


Exposición ‘Á violencia de xénero… Dille NON! | © Concello de Ribadumia

Esta iniciativa está composta de diferentes láminas nas que se ilustran algúns dos estereotipos e conductas nocivas máis comúns nas relacións de parella, especialmente na adolescencia e mocidade, como son o exceso de control, a manipulación, o abuso, a chantaxe emocional ou a sextorsión.

Así, o obxectivo da exposición é axudar a todas as persoa que a visiten, especialmente á rapazada, a identificar as conductas tóxicas na parella e darlle as ferramentas necesarias para saber como erradicalas.

Está pasando!