Anabel Gulías na presentación da ‘Festa Feminista’ | © Concello de Pontevedra

A Festa Feminista fará seu o Mercado de Pontevedra a través da palabra e a música

10 Xuño 2024

Ás 19.00 horas comezará o faladoiro con Henar Álvarez e Carolina Sertal, para a continuación iniciarse as actuacións de Yaya DJ e Señora DJ


A concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, presentou este luns, 10 de xuño, a chamada Festa Feminista, un evento que forma parte da campaña ‘Ábrelle a porta ao feminismo’ e que se iniciou no mes de marzo.

«Cando presentamos este programa municipal comentamos a importancia da elección das palabras nas campañas políticas do Concello de Pontevedra, polo que críamos que era necesario chamar as cousas polo seu nome, tal e como fixemos na campaña do 25-N», lembrou a edil. «Fixémolo de novo no 8-M e así queremos que siga sendo, manter ese espírito de celebración, celebrar o que somos, ver o feminismo como unha cuestión imprescindíbel para avanzar».



A Festa Feminista é un evento que se recupera trala súa primeira suspensión por mor das condicións meteorolóxicas, simbolizando e lembrando que «as feministas temos a capacidade de non renunciar, de poñernos de pé e superar as adversidades, sendo contundentes e cun sorriso nos beizos, para explicarlle a quen queira explicar que o feminismo é imparábel».

A Festa Feminista será celebrada no Mercado, articulándose a través dun faladoiro con Henar Álvarez e Carolina Sertal, para a continuación comezar a música coas picadiscos Yaya DJ e Señora DJ. O inicio do encontro está previsto para as 19.00 horas.

Está pasando!