A Sociedade Filharmónica de Pontevedra presenta o programa da súa 105ª tempada que se desenvolverá entre outubro de 2026 e xuño de 2027

14 Setembro 2026

A nova tempada da Sociedade Filharmónica de Pontevedra inclúe máis dunha ducia de concertos que se celebarán entre outubro de 2026 e xuño de 2027 en distintos espazos da cidade como o Auditorio Sede Afundación, o Teatro Principal e o Pazo da Cultura.

A programación de concertos da tempada 2026-2027 da Sociedade Filharmónica de Pontevedra é a seguinte:

LUNS 5 OUTUBRO 2026

  • MANUEL GÓMERZ RÚIZ (tenor) e VICTORIA GUERRERO (piano)
  • 20:30 h. Auditorio Pazo da Cultura
  • Victoria Guerrero é Premio Extraordinario no Concurso Internacional Wettbewerb für Liedkunst Stuttgart (2022)
  • Schubert: A bela muiñeira, D 795

VENRES 6 NOVEMBRO 2026

  • REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
  • 20:30 h. Auditorio Sede Afundación
  • Director: Baldur Brönnimann
  • Solista: Roman Simovic (violín)
  • Obras de Magnus Lindberg e Dvorák
  • Recollida de entradas socios: Días 4 e 5 de novembro no local social da Sociedad Filharmónica de Pontevedra (Rúa Tetuán, baixo – Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 horas, ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 horas.

LUNS 23 NOVEMBRO 2026

  • JUDITH JÁUREGUI (piano)
  • 20:30 h. Auditorio Pazo da Cultura
  • Obras de Grieg, Falla, Laura Vega, Bartók, Villa-Lobos e Ginastera

LUNS 21 DECEMBRO 2026

  • CUARTETO GERHARD (corda)
  • 20:30 h. Auditorio Pazo da Cultura
  • Lluís Castán Cochs (violín), Judit Bardolet (violín), Miguel Jordá Saún (viola) e Jesús Miralles Roger (violonchelo)
  • Integral dos cuartetos de corda de Beethoven (III) (Cuartetos op. 127 e 131)

LUNS 11 DE XANEIRO 2027

  • ESTEFAN IATCEKIW (piano)
  • 20:30 h. Teatro Principal
  • Estefan Iatcekiw é Primeiro Premio del IX Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo (2025)
  • Rachmaninov: Os 24 Preludios

LUNS 1 DE FEBREIRO 2027

  • TEMPUS TRÍO (violín, violonchelo e piano)
  • 20:30 h. Teatro Principal
  • María Tió (violín), Ferrán Bardolet (violonchelo) e Ricard Rovirosa (piano)
  • Integral da obra para violín, violonchelo e piano de Beethoven (II) (Tríos op. 1 nº 2 e op. 70 nº 2)

LUNS 8 DE MARZO 2027

  • CUARTETO DIÓGENES (corda)
  • 20:30 h. Teatro Principal
  • Stefan Kirpal (violín), Gundula Kirpal (violín), Alba González i Becerra (viola) e Stephen Ristau (violonchelo)
  • Integral dos cuartetos de corda de Beethoven (IV) (Cuartetos op. 18 nº 3, op. 18 nº 5 e op. 59 nº 2)

O acceso aos concertos é gratuíto para os socios e socias da Sociedade Filharmónica. Poderán retirar as súas entradas nas datas sinaladas ou ben presentando o carné de socio na entrada dos eventos que non precisen reserva previa.

Está pasando!