Grupo Kalte | Concello de Sanxenxo

A terceira edición de Portonovo Gastronómico arrinca co mellor produto e unha animación na rúa

9 Maio 2025

O portonovés Manuel Deza recibirá este domingo a Raia de Ouro, ás 12:30 horas, na Casa Mariñeira de Don Fernando


A terceira edición de Portonovo Gastronómico arrinca hoxe na vila mariñeira para poñer en valor a súa calidade culinaria acompañada de animación na rúa. O grupo Kaltee foi o encargado de abrir a programación cun pasacalles este mediodía anunciando a apertura da festa. Tamén xa se pode gozar da exposición da Asociación Fotográfica Ollares de Portonovo.

Os locais participantes ofrecerán dúas tapas, cada unha a un prezo de 5 euros en horario de mañá ata as 14 horas e de tarde ata as 21 horas. As consumicións iranse selando e permitirán a participación nun sorteo de estancias e comidas por valor de 50 euros.

Exposición da Asociación Fotográfica Ollares de Portonovo | Concello de Sanxenxo

Serán 19 establecementos de hostalería: Restaurante Compostela, Arrocería Boca do Río, Cervecería El Puerto, Bar Tapería Pepa A Loba, Cervecería Jamonería Azor, Japo Burguer, Taberna A Batea, Taberna Varadoiro, Restaurante O Pescador, La Mar Brava, Bodega Taberna Viña Pedreira, Taberna A Curva, Bar Lonxa, Taberna Cata, Pizzería La Fiorentina, Bar Mar do Pintor, Bodega O Risonsiño, O Buraco e Esencia.

A Casa Mariñeira acollerá esta tarde, ás 19 horas, Cantos de Taberna de Soalleira de Dorrón e Portonovo Canta con entrada libre. A cita unirá aos dous grupos nunha actuación que poñerá en valor o xénero musical tradicional. Ás 21:30 horas, a Rúa Rafael Picou acollerá o concerto Son das Tabernas.

Mañá sábado, no parque de O Espiñeiro e durante todo o día, haberá un Recuncho Infantil Mariñeiro (xogos de enxeño e populares). A animación teatral e a música continuará polas rúas con Charanga SMS, Trío Detrés e @Deviño. A Casa Mariñeira acollerá ás 18 horas o contacontos ‘Historias do Mar’. Ás 19:30 horas, a Travesía da Mariña contará co concerto Las Nutrias e Rafael Picó, ás 21:30 horas, con El 4º Sentido.

O domingo, a Casa Mariñeira de Don Fernando acolle o acto de entrega da Raia de Ouro a partir das 12:30 horas. O portonovés Manuel Deza “Xanelo” recibirá o galardón pola súa vinculación e achega á vila mariñeira. Tras o acto, ás 13:30 horas, a Rúa Rafael Picou acollerá o concerto de Os Saljaiteiros.

O sorteo das estancias e os bonos de restaurantes realizaranse ás 16 horas na Casa Mariñeira de Portonovo.

Toda a programación pode consultarse aquí.


Está pasando!