‘1888. Señorita Xulia’ | © Estudo Momento

A xira galega de ‘1888. Señorita Xulia’ chegará ao Auditorio Sede Afundación de Pontevedra no mes de abril

26 Marzo 2024

Estudo Momento porá en escena o sábado 13 de abril, no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, unha versión rompedora e sexy do clásico de August Strindberg, un dos textos máis polémicos da historia. Para os amantes do thriller psicolóxico e do cine negro.

Protagonizada por Iria Ares e Xoán C. Mejuto, a peza teatral ‘1888. Señorita Xulia’ está considerado pola Revista GODOT como un dos mellores 7 espectáculos de 2022 da carteleira madrileña.

A señorita Xulia aparece morta na cociña da casa do seu pai, o Conde. Todo apunta a que se suicidou cunha navalla de afeitar que pertencía a Xoán, criado predilecto da casa. Durante o interrogatorio, Xoán convértese en sospeitoso de asesinato ao desvelarse que el e a señorita compartiron bebida e confidencias, e incluso, chegaron a consumar un acto sexual consentido e incitado pola propia señorita.

Os feitos, sucederon durante a máxica e sensual Noite de San Xoán. O criado, única testemuña, non pode explicar por que ten as mans e a roupa totalmente cubertas de sangue…



‘1888. Señorita Xulia’ obtivo varias distinción nas mellores webs especializadas de teatro en Madrid, entre elas, o galardón ao Espectáculo Máis Valorado pola plataforma, Madrid es Teatro.

Tras o éxito de ‘1879. Casa de Bonecas’, Premio Luísa Villalta pola Igualdade en 2018, Estudo Momento volve demostrar o seu compromiso co feminismo, rescatando un clásico para seguir afondando na ardua tarefa de construír un futuro mellor, no que as mulleres sexan quen de pensar e vivir por elas mesmas.

Entradas anticipadas á venda dende 18 euros en Ataquilla.com

Está pasando!