Luar na Lubre no “Galicia Emerxe” | © Rocío Cibes

Barro substitúe a Festa do Viño por concertos e outras actividades culturais en pequeno formato

28 Maio 2021

Este ano, igual que no 2020, o Concello de Barro tomou a decisión de suspender a Festa do Viño debido a situación sanitaria actual, mais nesas datas poderemos desfrutar dos Concertos do Viño con Luar na Lubre, Píscore e a Banda de Música Xuvenil de Barro con Suso Vaamonde xunto con outras actividades culturais en pequeno formato que terán lugar nas parroquias do municipio.

Os Concertos do Viño celebraranse no Pazo da Crega, comezando o sábado 19 ás 22:00 horas coa actuación do grupo Luar na Lubre. O domingo 20, ás 12:00 horas, o público infantil poderá disfrutar dun espectáculo de Píscore, e ás 20:00 horas chegará o turno da Banda de Música Xuvenil de Barro con Suso Vaamonde, financiado con cargo ao Programa Musigal 2021 da Deputación de Pontevedra.

Os concertos serán gratuitos, con aforo limitado e será preciso retirar as entradas anticipadamente nas dependencias do Concello, que estarán dispoñibles a partir do martes 1 de xuño en horario de mañá.


Está pasando!