Comeza a quinta edición do Atlantic Fest en Vilagarcía de Arousa

12 Xullo 2021

Hoxe da comezo unha nova edición do Atlantic Fest en Vilagarcía de Arousa, entre os escenarios do pinar da Praia da Concha, o Auditorio, a Praza da Peixería e a explanada de entrada á Praia da Concha.

O formato axustarase ás limitacións impostas pola pandemia, realizándose os concertos en diferentes localizacións con aforo limitado e as entradas poñeranse á venda para cada artista de forma individual.

O seu cartel conta con artistas como Ortiga, La Habitación Roja, María José Llergo, Zahara, Dorian, León Benavente, Sidonie, Lori Meyers, Anni B.Sweet, Verto…

A quinta edición do Atlantic Fest celebrarase do 12 ao 24 de xullo nos seguintes escenarios:

  • Escenario Vibra Mahou
    Explanada de entrada de Praia da Concha de Vilagarcía de Arousa
    Grupos de 2 e de 4 con prazas asignadas na compra
  • Escenario Xacobeo 21-22
    Auditorio de Vilagarcía de Arousa
    Grupos de 1, 2, 3 e 4 con prazas asignadas na compra
  • Escenario Pinar Praia da Concha
    Pinar da Concha
    Grupos de 2. Prazas sen asignar. Acceso por orde de chegada
  • Escenario Paco & Lola
    Praza da Peixaría de Vilagarcía de Arousa
    Grupos de 2. Prazas sen asignar. Acceso por orde de chegada

As entradas están venda en www.atlanticfest.com. Pódense adquirir un máximo de 6 entradas por compra. Cada artista ten a súa entrada. Aínda que hai días, 17 e 18 de xullo no que actúan 2 artistas.  Os seus concertos son totalmente independentes e non se solapan, pódese asistir aos dous.

Os concertos son para ver sentados. Véndense en grupos, que especificamos na descrición de cada recinto. As entradas non son nominativas.


Está pasando!