Os estadounidenses Black Eyed Peas completan o cartel do festival Costa Feira de Sanxenxo

6 Xuño 2024

  • A rolda de prensa contou coa presenza de Ignacio Suarez, fundador de Costa Feira e director de Volvoreta (promotora do ciclo), Diego Otero Meis, socio do festival e responsable de relacións institucionais e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín González
  • O festival celebrarase en Sanxenxo do 24 de xullo ao 24 de agosto no Polígono Industrial de Nantes

Presentación do festival Costa Feira | © Concello de Sanxenxo

A rolda de prensa iniciouna Ignacio Suarez, fundador de Costa Feira, falando do compromiso principal do festival é traer aos mellores artistas nacionais e internacionais para que Sanxenxo teña a mellor oferta cultural para todos os públicos e familias.

Fixo un repaso ao cartel desta edición que quedou da seguinte forma:

Black Eyed Peas o 24 de xullo no seu único concerto en Galicia e unha do únicas cinco datas que fará en toda España este ano. Calamaro o 25 de xullo na súa única data en Galicia, Mëstiza o 2 de agosto, Hombres G na súa única data en Galicia o 3 de agosto, Juan Magán o día 5 de agosto.

O 7 de agosto teremos a Funzo & Baby Loud (única e última data da xira) + Hens + Ters. Marwan + Iván Ferreiro o 8 de agosto. O 9 de agosto Los Secretos, e Marlon o 10 de agosto. Pablo López o 12 de agosto celebrando os seus 10 anos de carreira na súa única data en Galicia, Loquillo o día 15 de agosto no seu único concerto en Galicia.

O día 17 de agosto chega o DJ máis enigmático da escena house mundial, Claptone na súa única data en Galicia, o 21 de agosto contaremos con Taburete na súa única data en Galicia. O 22 de agosto teremos a Coque Malla e Sidecars, e pechando o festival o 24 de agosto Natos e Waor na súa única data en Galicia.

Ignacio Suárez explicou que Costa Feira está moi comprometido co apoio ao talento emerxente e ao talento local. Este ano, como novidade, contaremos cunha gran lista de artistas locais que tamén consideramos a nosa prioridade que teñan un oco no noso festival para dar voz ao talento local. Para isto, este ano teremos un terceiro escenario que será o primeiro en soar as tardes do festival. Seguindo coas novidades do festival, Costa Feira conta cun recinto mellorado, cos mellores servizos e compromiso de investimento en crear unha experiencia de altísima calidade que é o que Sanxenxo merece e necesita.



Suárez detallou como quedan as vías de acceso ao festival, contando cunha parada de taxis, colaborando de maneira estreita co Concello e coa patronal de taxis de Sanxenxo, para dar a mellor experiencia ás persoas que desexen visitar o festival. Tamén dispoñerá de transporte privado con traxectos desde o centro de Sanxenxo, Portonovo, O Grove, Cambados e este ano, como novidade, incorpora dúas novas liñas: Coruña – Santiago – Costa Feira e Vigo – Pontevedra – Costa Feira . Habilitarase un parque privado, ademais de todo o espazo gratuíto que ofrece o parque empresarial.

Seguindo co compromiso do ano pasado, Costa Feira ten unha oferta gastronómica 100% local con comida apta para todas as necesidades especiais.

A seguridade do festival está totalmente coordinada coas forzas de seguridade do Estado e contará con dispositivos de seguridade privados e servizo médico privado, tamén terá habilitado un Punto Violeta.



Seguidamente, tomou a palabra Diego Otero (socio do festival e responsable de relacións institucionais), puntualizou que o festival supón un gran impacto positivo local e o seu obxectivo é apoiar en seguir establecendo Sanxenxo como un dos mellores enclaves turísticos de calidade de todo o país.

Para esta edición crearanse máis de 300 postos de traballo directos, dos cales o 85% será poboación local. Continúase co compromiso de ser un festival ecolóxico de residuo cero impulsando iniciativas como o eco vaso, a reciclaxe e o produto de quilómetro cero, traballando en colaboración co Concello e os seus servizos.

Para rematar a rolda de prensa para tomou a palabra o alcalde de Sanxenxo Telmo Martín González que segundo as súas palabras “Costa Feira é un festival que enriquece a oferta cultural e musical do municipio. E que, volve por segundo ano, redobrando a aposta cun cartel de grandes artistas que, estou convencido, será un novo éxito. Por tanto, máis nada que desexarlle unha longa vida a Costa Feira para que se prometa no noso calendario estival”.

Está pasando!