Decoración na Finca de Briz e no Palco da Música para celebrar un Samaín, que este ano non poderá contar coa súa gran festa do terror

22 Outubro 2020

A situación sanitaria na que se atopa o municipio de Marín fai imposible a celebración de eventos e festas como a que nos últimos anos acollía a Finca de Briz polo Samaín.

Unha festa que tiña unha enorme participación por parte da sociedade marinense e que supuxo unha aposta renovadora do Goberno local para poñer Marín no mapa das celebracións deste día tan máxico e cheo de tradicións.

Aínda que a festa como tal non se poderá celebrar, o Concello adiantou hoxe que, co fin de dotar a este día de certa ambientación e en colaboración coa Fundación Juan XXIII e coa Asociación Os da Caña, cos que xa se facía a festa nestes anos, decorarase a Finca e o Palco da Música da Alameda.

Está pasando!