O documental ‘Devolviendo el golpe’ pechará este venres o Ciclo de Cinema Galego organizado polo Cineclub Bueu

23 Maio 2023

‘Devolviendo el golpe’ (Carlos Prado, 2022) será a o filme que este venres pechará o Ciclo de Cinema Galego organizado polo Cineclub Bueu. 

O Centro Social do Mar acollerá a partir das 22:00 horas a proxección do documental ‘Devolviendo el golpe’ cun posterior coloquio tanto co seu director, Carlos Prado Pampín, como co protagonista, o boxeador marinense Aarón González (Team Thunder).

O prezo da entrada é de 2 euros para socixs anuais e de 4 euros para socixs de sesión.

Sinopse:

Cando tiña 10 anos, Aaron, un neno de Marín, Pontevedra, foi atropelado cando estaba a esperar o autobús escolar por un coche cuxo condutor se durmiu. O golpe foi tan forte que Aaron case morre no acto.

Grazas ao o seu apoio nai, Rosa, unha muller forte e valente, Aaron arranxoullas para seguir adiante e facer o teu soño faise realidade: Ser campión de España de boxeo.


Está pasando!