‘María Zambrano, la palabra danzante’ | @ Karlik Danza

Esta fin de semana finaliza o I circuíto de Rutas Iberoamericanas coa obra ‘María Zambrano, la palabra danzante’ da compañía extremeña Karlik Danza Teatro

20 Febreiro 2024

O sábado 24 e domingo 25 de febreiro ás 20:00 horas, a Sala Ártika de Vigo acolle a posta en escena da obra de teatro e danza ‘María Zambrano, la palabra danzante’ da compañía Karlik Danza Teatro (Extremadura).

Karlik Danza Teatro, rende homenaxe á filósofa española. Tras case medio século de exilio, España recoñecerá a figura de María Zambrano outorgándolle no 1981 o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades e, en 1988, será a primeira muller en recibir o Premio Miguel de Cervantes de Literatura.

Invitámoste a coñecer a figura de María Zambrano como muller, pensadora, creadora a través da palabra danzante, da imaxe, a metáfora e o  símbolo dende o pensamento poético.

Espectáculo de 60 minutos de duración, recomendado para maiores de 14 anos.

Entrada anticipadas á venda en artikavigo.com a 10 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función) e en taquilla a 14 euros + gastos de xestión.



Está pasando!