9ª Festa Viño Espumoso en Salvaterra

sáb02decConsultardom03dec9ª Festa Viño Espumoso en SalvaterraDenominación de orixe Rías Baixas(Consultar) Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

A punto de rematar o mes de novembro e comezar cos preparativos do Nadal chega unha das festas imprescindibles da programación do Concello de Salvaterra de Miño. O vindeiro día 2 e 3 de decembro celébrase a novena edición da Festa do Viño Espumoso D.O Rías Baixas. Como en edicións anteriores será no recinto da muralla baixo unha carpa que albergará os protagonistas desta festa, os espumosos.

En total serán dez as adegas participantes que ofrecerán os seus viños espumosos e todo acompañado de tapas diversas ademais de doces, cafés e chocolates. Unha festa que a punto está de celebrar os dez anos e que mantén a mesma filosofía, por en valor os viños espumosos da comarca, un produto que ano a ano vai gañando adeptos. Ademáis de viño e gastronomía este ano tamén haberá música para amenizar a festa. O público poderá desfrutar con grupos como Somoza Trío, La Comisaría, Nacional 81, Urbano Cabrera, Manuel Madarnás, Demasiadas Luces y pocas sombras, entre outros.

A inauguración terá lugar o sábado día 2 de decembro ás 12:00 da mañá coa actuación de A.C. Pontenova e a apertura dos stands. Ese mesmo día ás 18:30 horas haberá un coloquio sobre espumosos a cargo de Luis Paadín e Alejandro Paadín, Ambassadeurs du Champagne de España e formadores homologados de cava. Ademais non faltará o tradicional degüelle a sable e brindis despois do acto de nomeamento de novos cofrades da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos.



A Festa do Viño Espumoso D.O. Rías Baixas

Presume de ser a única festa, en Galicia, dedicada a este produto: o viño espumoso, onde, en particular, réndese tributo ao viño espumoso amparado baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Desde a súa primeira edición no ano 2014, esta festa celébrase cada primeira fin de semana do mes de decembro no interior da Fortaleza de Salvaterra de Miño.

Trátase dunha oportunidade única para gozar da familia e amigos, asistir a cursos de catas de viños, showcookings, degustar a gastronomía local e facer provisión, para as festas de Nadal, deste máxico elixir que tan ben marida con todo. 

Salvaterra de Miño ten materia prima, un viño con potencial, de acidez e frescura moi equilibrada e unhas variedades de uva autóctonas moi aromáticas que dan como resultado un espumoso excepcional, o acompañamento ideal para calquera celebración.

Hora

decembro 2 (Sábado) - 3 (Domingo)

Localización

Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño

Praza a Constitución, 1, 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!