Concerto de Iago Banet en Pontevedra

lun05ago22:30Concerto de Iago Banet en Pontevedra30º Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra22:30 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

Iago Banet abrirá o luns 5 de agosto, na Praza da Ferraría, unha nova edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.

Iago Banet é un músico galego residente en Londres dende fai 10 anos. No Reino Unido, comenza a gravar discos cunha banda de Rockabilly, The Boo-Hoos (un EP – Lucky N7), unha de rock/jam band, JFK Blue (un disco – Rough Round the Edges; e un EP – Out of the Blue) e unha de blues, Deep Blue Sea (dous discos – Live it Up; e Strange Ways). Con estas bandas xira por todo o Reino Unido tocando en salas lexendarias como o 100 Club ou The Troubador en Londres.

Paralelamente a estas bandas, comenza a desenrolar un proxecto en solitario no que se coñece como fingerstyle guitar. O estilo caracterízase por tocar baixos, acordes e melodías ao mesmo tempo, “one man band”, dando a impresión de haber máis dun intérprete no escenario. Grandes nomes de este estilo son Merle Travis, Chet Atkins, Doc Watson, Tommy Emmanuel, Tuck Andress ou incluso Joe Pass.

Publica no 2023 o seu terceiro disco de estudio en solitario (TRES), gravado con Manu Conde e masterizado en Los Ángeles. O ano comeza no Celtic Connections en Glasgow onde Iago é clasificado como ‘highly recommended artist’. Toca en directo e é entrevistado dúas veces no prestixioso programa ‘In Tune’ da BBC Radio 3 e a súa música sona no famoso Blues Show de Cerys Matthews na BBC Radio 2. Toca en festivais como Aberjazz ou Brecon Jazz Festival en Gales ou Hellys International Guitar Festival en Cornwall. Comparte escenario con artistas como Josh Smith (Joe Bonamassa), Mark Flanagan (Jools Holland and his Rhythm and Blues Orchestra), Jack Broadbent e Clive Carroll, entre outros.



FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA

Trinta anos cumpre este 2024 o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. Tres décadas onde a Boa Vila foi testemuña do paso dalgúns dos artistas máis importantes destes dous xéneros, con exemplos lendarios coma Johnny Winter, John Scofield, Robert Cry, Esperanza Spalding, Taj Mahal, Derek Trucks, Cory Henry ou Gregory Porter.

Praza da Ferraría continuará este verán sendo epicentro desta onda sonora, a través de seis novas actuacións con Iago Banet (5 de agosto), Antilia (5 de agosto), Sempasúchil (6 de agosto), Rick Estrin & The Nightcats (7 de agosto), Jeff Cascaro (8 de agosto) e Richard Bona & Alfredo Rodríguez Trío (9 de agosto).

Coma sempre, a entrada será libre e de balde.


Hora

(Luns) 22:30

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!